Rede Nasa
Amores Prohibidos 2.0
Como sería Romeo e Xulieta se os protagonistas fosen uns rapaces que viven en Boiro no 2012? Poderían vivir o seu amor co conflito lingüístico de fondo? É posible facer unha obra de teatro sen escenario, usando soamente a web e as redes sociais? Amores Prohibidos 2.0 tentou responder estas preguntas e poñer en escena un clásico actualizado ao soporte dixital. Aquí podes ver o que aconteceu na vida de Romero e Xiana do 23 ao 27 de abril, seguir as conversas e as interaccións cos personaxes. Saber máis.
-
Baldo:
Tamén penso unha cousa, e así volo dijo. Se cadra faser festas non cheja para loitar para protexer a nosa lingua. Aínda hai moita xente que nos ataca por falar jallejo e defender o que é noso. Cando máis penso en Mejuto e a súa pandilla máis radical me volvo. Levo toda a mañá barrenando en que se pode faser. Non credes que debemos faser aljo máis contundente? Aljo para que todo Boiro saiba que estamos orjullosos do jallejo... Ideas?
Gústalle(s) a 2 persoas
8 comentarios
Fai login ou rexístrate para poder comentar