
Rede Nasa
Amores Prohibidos 2.0
Como sería Romeo e Xulieta se os protagonistas fosen uns rapaces que viven en Boiro no 2012? Poderían vivir o seu amor co conflito lingüístico de fondo? É posible facer unha obra de teatro sen escenario, usando soamente a web e as redes sociais? Amores Prohibidos 2.0 tentou responder estas preguntas e poñer en escena un clásico actualizado ao soporte dixital. Aquí podes ver o que aconteceu na vida de Romero e Xiana do 23 ao 27 de abril, seguir as conversas e as interaccións cos personaxes. Saber máis.
-
Xiana:
Estou en clase de tecnoloxía, por fin puiden conectarme!
Onte coa emosión esqueseume poñervos este vídeo do que para min foi o mellor momento da festa: cando cheghou Tonhito de Poi. Tamén me daba un pouco de verghonsa ensinárvolo porque saio chorando como unha parva... Pero grasiñas a Sara por ghravalo, para min é un recordo que ghardarei sempre. E a Tonhito... non teño palabras. Lástima que xa marcharan algunhas das miñas amighas cando cheghou. Pero aí o tendes, non o soñei.
Eu quero estar namorada de vosé! Viva o amor!!!
Gústalle(s) a 6 persoas






4 comentarios
Fai login ou rexístrate para poder comentar



