Rede Nasa
Amores Prohibidos 2.0
Como sería Romeo e Xulieta se os protagonistas fosen uns rapaces que viven en Boiro no 2012? Poderían vivir o seu amor co conflito lingüístico de fondo? É posible facer unha obra de teatro sen escenario, usando soamente a web e as redes sociais? Amores Prohibidos 2.0 tentou responder estas preguntas e poñer en escena un clásico actualizado ao soporte dixital. Aquí podes ver o que aconteceu na vida de Romero e Xiana do 23 ao 27 de abril, seguir as conversas e as interaccións cos personaxes. Saber máis.
-
Xespir:
Dinme os meus informantes que Romero e Xiana continuaron a conversa nun lugar máis íntimo: o chat do Tuenti. O proceloso mundo das redes sociais permite que os futuros amantes se poidan agachar no último recanto que lles queda de privacidade. Menos mal que este vello narrador é omnisciente, e que existe CachadaLeaks para filtrar a transcrición do chat que, antes de deitarse, tiveron Xiana e Romero...
Velaquí o famoso chat do balcón.
Gústalle(s) a 4 persoas
4 comentarios
Fai login ou rexístrate para poder comentar