
Rede Nasa
Amores Prohibidos 2.0
Como sería Romeo e Xulieta se os protagonistas fosen uns rapaces que viven en Boiro no 2012? Poderían vivir o seu amor co conflito lingüístico de fondo? É posible facer unha obra de teatro sen escenario, usando soamente a web e as redes sociais? Amores Prohibidos 2.0 tentou responder estas preguntas e poñer en escena un clásico actualizado ao soporte dixital. Aquí podes ver o que aconteceu na vida de Romero e Xiana do 23 ao 27 de abril, seguir as conversas e as interaccións cos personaxes. Saber máis.
-
Xiana:
Jooooo que guai estivo a festa!!! Aínda non podo crer que viñeran os actores da miña serie favorita, e un dos meus músicos favoritos... Estou aínda nunha nube, flipando. Ghrasias, Ana, é incrible o que fixestes e hai que ver que ben te relasionas dende que andas por Santiago... ;) E o baile, impreionante! En serio, foi o mellor cumple da miña vida, e todo ghrasias a ti. QUÉROCHEEEE!!!! ♥♥♥♥♥♥
Baldo, primo, es o mellor dillei do mundo. A festa non vai parar, claro que non! :)) ♥♥♥♥♥♥
E ao resto que viñestes, moitas ghrasias poir apoiardes a festa polo galego. Mesmo aos que viñestes incordiar, estou segura que antes ou despois acabaredes falando ghalegho, aínda que só sexa para lighar... vai unha aposta? ;)
♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥
Son felís!
5 comentarios
Fai login ou rexístrate para poder comentar





