Rede Nasa
Amores Prohibidos 2.0
Como sería Romeo e Xulieta se os protagonistas fosen uns rapaces que viven en Boiro no 2012? Poderían vivir o seu amor co conflito lingüístico de fondo? É posible facer unha obra de teatro sen escenario, usando soamente a web e as redes sociais? Amores Prohibidos 2.0 tentou responder estas preguntas e poñer en escena un clásico actualizado ao soporte dixital. Aquí podes ver o que aconteceu na vida de Romero e Xiana do 23 ao 27 de abril, seguir as conversas e as interaccións cos personaxes. Saber máis.
-
Baldo:
Que ninjén volva disir que non temos capasidá pra encher unha festa pola jallejo. Pasámolo en jrande. Jrasias a toda a xente que mandou cnasións, non deu tempo a poñelas todas pero é que non tiñamos toda a noite que hoxe é luns e mañá... Anter de ir durmir déixovos unha que me pasou me pai a última hora. É unha xoia!! Ides flipar! Sobre todo ti, Xiana! Ala a durmir :DDDD
Gústalle(s) a 4 persoas
1 comentarios
Fai login ou rexístrate para poder comentar