Rede Nasa
Amores Prohibidos 2.0
Como sería Romeo e Xulieta se os protagonistas fosen uns rapaces que viven en Boiro no 2012? Poderían vivir o seu amor co conflito lingüístico de fondo? É posible facer unha obra de teatro sen escenario, usando soamente a web e as redes sociais? Amores Prohibidos 2.0 tentou responder estas preguntas e poñer en escena un clásico actualizado ao soporte dixital. Aquí podes ver o que aconteceu na vida de Romero e Xiana do 23 ao 27 de abril, seguir as conversas e as interaccións cos personaxes. Saber máis.
-
Ana:
Este é outro dos agasallos sorpresa que lle fixemos a Xiana. Isto si que non o esperaba. Un baile para ela que nos levou varias fins de semana preparar. Pero bueno, ela ben o merece, e con quince anos seguro que vai haber máis dun que ande toliño detrás dela. Espero que vos guste. Nós seguimos un pouco máis coa festa...:))
Gústalle(s) a 4 persoas
5 comentarios
Fai login ou rexístrate para poder comentar