Rede Nasa
Amores Prohibidos 2.0
Como sería Romeo e Xulieta se os protagonistas fosen uns rapaces que viven en Boiro no 2012? Poderían vivir o seu amor co conflito lingüístico de fondo? É posible facer unha obra de teatro sen escenario, usando soamente a web e as redes sociais? Amores Prohibidos 2.0 tentou responder estas preguntas e poñer en escena un clásico actualizado ao soporte dixital. Aquí podes ver o que aconteceu na vida de Romero e Xiana do 23 ao 27 de abril, seguir as conversas e as interaccións cos personaxes. Saber máis.
-
Xespir:
Romero e Xiana estanse aproximando á festa onde se encontrarán, pero aínda non o saben. Cal será a lingua que os una? Galego? Castelán? En que idioma fala o amor? Aquí outro vídeo que nos mandaron desde as Bizocas sobre iso do amor e da lingua.
Fai login ou rexístrate para poder comentar