Laura:
Eu pincharía cancións de The Homens, Baldo, son os mellores!!!!
Rede Nasa
Amores Prohibidos 2.0
Como sería Romeo e Xulieta se os protagonistas fosen uns rapaces que viven en Boiro no 2012? Poderían vivir o seu amor co conflito lingüístico de fondo? É posible facer unha obra de teatro sen escenario, usando soamente a web e as redes sociais? Amores Prohibidos 2.0 tentou responder estas preguntas e poñer en escena un clásico actualizado ao soporte dixital. Aquí podes ver o que aconteceu na vida de Romero e Xiana do 23 ao 27 de abril, seguir as conversas e as interaccións cos personaxes. Saber máis.
-
Baldo:
Atensión! Teño un anunsio importante que faservos. Axudádesme a pinchar na festa? ;)
Gústalle(s) a 8 persoas
26 comentarios
Fai login ou rexístrate para poder comentar
Oscar Otero:
Boas, baldo. Deixoche unha ducia de vídeos de youtube con cancións que sejuro que che molan:
http://praza.com/ducia/3/aquel-bravu-aquel-xabarin/
Sorte na festa
frijolito:
Esta non podes deixala de pinchar!! Os Resentidos
David Duca:
Ola somos do IES TERRA DO XALLAS.
O dj e de santa comba. (Dj sueiro e Dj chis).
Irocha Lemmy:
"Cheiras Funky" de Fluzo, éxito asegurado!
Carapucha:
Esta encántame e dedícolla a Mejuto ;)
Paula Francos Anllo:
"Vida insá" de Luscofusco, un pouco de rap en galego para esa festa.
frijolito:
Proba esta tamén. A nós gústanos
atamarada:
con calquera do disco de xabarín club ides a bailar ata perder o control, a tope!!
Daud:
Aquí de profe a alumno, pero dende Madrid, propoño un clásico de Herdeiros da Crus!
Pasádeo ben !!
Daud:
Ostras Tamara, telepatía! XD
Tagago:
Aymará:
Aí vai, espero que vos guste!
Suso Sanmartin:
Ainda que nom sou tam velho como o Xespir (leva-me cinco: 450-5=40 ;) tenho idade para ser o teu... professor! ;) Como vejo que nom sou o único "carroça" aqui animo-me a sugerir-che, Baldo, o rap galego-brasileiro de Non Residentz, o primeiro grupo (ao menos que a mim me conste) do hiperactivo músico compostelano Hevi (Fluzo, Malandrómena, Juanito Broders...). Que o passedes mui bem esta tarde nessa festaça pola nossa língua, que É MUNDIAL!!!
:
Baldo, pon a Das Kapital que están moi ben!
María:
Eu creo que esta non pode faltar :P E se é featuring Tony Manero, mellor aínda
Fran Alvarez Varela:
Esta non pode faltar. Saudos
Ines Portela:
Pa facer festa? calquera dos Diplomáticos. Especialmente calquera do disco Avante Toda!
Berta:
Baldo! Unha boísima de Quempallou: Coa lingua de fora... non pode vir máis ao caso nunha festa do galego!!!
monica:
Eu propóñoche "Ao teu redor" de Projecto Mourente! https://www.youtube.com/watch?v=iggFgoGe4Jk
Paula Francos Anllo:
Esta canción dance de Dj Son1c animará o ambiente seguro.
Raquel Sousa Teijeiro:
Licor café de Lamatumbá non pode faltar
Pico Rodríguez Bustelo:
Baldo:
Jrasias a todos! Que pasada! Púxenas todas e arrasei. Se precisades un pincha para as vosas próximas festas, non cobro moito, así que xa sabedes!
Xan TG:
Na próxima festa non deixes de pinchar a Fanny + Alexander.
Por exemplo: Pánico (merda de DJ)
E sempre nos quedará Emilio José, o de Ourense, de Quins, non o peludo andaluz famoso na transición
Xan TG:
Non deberiamos esquecernos de Ataque Escampe. Imprescindibles.