
Rede Nasa
Amores Prohibidos 2.0
Como sería Romeo e Xulieta se os protagonistas fosen uns rapaces que viven en Boiro no 2012? Poderían vivir o seu amor co conflito lingüístico de fondo? É posible facer unha obra de teatro sen escenario, usando soamente a web e as redes sociais? Amores Prohibidos 2.0 tentou responder estas preguntas e poñer en escena un clásico actualizado ao soporte dixital. Aquí podes ver o que aconteceu na vida de Romero e Xiana do 23 ao 27 de abril, seguir as conversas e as interaccións cos personaxes. Saber máis.
-
Baldo:
ACABAMOS DE CONSEJIR AS 200 SINATURAS PARA A READMISIÓN DE ROMERO! Jrasias a todos e a todas! Aínda nos sobran catro horas e chejan máis, imos polas 209! Hai que ir onda Mariano xa. E avisar a Romero.
Gústalle(s) a 1 persoas

9 comentarios
Fai login ou rexístrate para poder comentar








