Rede Nasa
Amores Prohibidos 2.0
Como sería Romeo e Xulieta se os protagonistas fosen uns rapaces que viven en Boiro no 2012? Poderían vivir o seu amor co conflito lingüístico de fondo? É posible facer unha obra de teatro sen escenario, usando soamente a web e as redes sociais? Amores Prohibidos 2.0 tentou responder estas preguntas e poñer en escena un clásico actualizado ao soporte dixital. Aquí podes ver o que aconteceu na vida de Romero e Xiana do 23 ao 27 de abril, seguir as conversas e as interaccións cos personaxes. Saber máis.
-
Baldo:
Supoño que xa correría a vos co de Xiana. APARESEU! Terá unha resaca de cabalo, pero está ben. Foise para Compostela na procura de Romero. Ao final a súa desaparisión e o castijo a Romero estaban relasionados como xa imaxinabamos tod@s. Pero ajora inda temos un tema pendente, hai que consejir que Romero volva para a Cachada. E para iso temos que presentar polo menos 200 sinaturas diante do consello escolar antes das sete da tarde! Hoxe imos pejar estes cartaces por todo Boiro, vounos deixar aquí por se aljén quere apuntarse a difundir o tema, toda axuda é boa.
Gústalle(s) a 2 persoas
5 comentarios
Fai login ou rexístrate para poder comentar