Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Amores Prohibidos 2.0

Como sería Romeo e Xulieta se os protagonistas fosen uns rapaces que viven en Boiro no 2012? Poderían vivir o seu amor co conflito lingüístico de fondo? É posible facer unha obra de teatro sen escenario, usando soamente a web e as redes sociais? Amores Prohibidos 2.0 tentou responder estas preguntas e poñer en escena un clásico actualizado ao soporte dixital. Aquí podes ver o que aconteceu na vida de Romero e Xiana do 23 ao 27 de abril, seguir as conversas e as interaccións cos personaxes. Saber máis

Xiana

Xiana

Xiana é de Cabo da Crus e está a piques de cumprir 15 anos. Estuda 3º da ESO no IES A Cachada de Boiro, e ademais de falar ghallegho é unha activista da lingua, e canda os seus amigos (entre eles o seu curmán Baldo) participa nunha asociación xuvenil pola normalización lingüística chamada Arrobaliza

  • Nome completo: Xiana Souto González
  • Data de nacemento: 23 de abril de 1997.
  • Lugar de nacemento:  Cabo da Cruz (Boiro).
  • Estuda:  3º da ESO
  • Lingua: Ghallegho
  • Afeccións:
    • Música.- Mago de Oz, Coldplay, Heredeiros da Crus, Dios ke te crew, O Leo i Arremecághina, Vetusta Morla...
    • Cine e TV.- El barco, Tourilandia, Harry Potter, Piratas del Caribe, Otra movida, Matalobos...
    • Deporte.- Sabe xogar ao tenis e ao baloncesto, pero hai tempo que non practica.
    • Videoxogos.- Super Mario Galaxy, Wii Sports, Angry Birds.
    • Libros.- Domingo Villar, Manuel Antonio, os de Federico Mocchia, Made in Galiza.
    • Política.- Interésalle o nacionalismo, pero aínda non está moi segura de a quen votaría se puidese. Ten claro que non lle gusta Rajoy nin Feijoo.
  • Comida favorita:  Ovos fritos, espaguetis.
  • Bebida favorita:  Nestea e cervexa.

En escena

  • Xiana:

    Xa estou na casa. Veño do posto da Gharda Sivil, que me estivo mareando con mil preghuntas e sermóns sobre os perighos do alcol, das redes sosiais e non sei que máis lerias. O caso é que me devolveron o móbil e xa estou outra ves conectada de todo. Non podo aghardar máis para ver a Romero. Por favor, que se poida quedar en Boiro, porfaporfaporfaporfaporfa... 

  • Xiana:

    Ola, amighos. Onte fixen moitas parvadas que non debín faser, e unha delas, a primeira, foi suisidarme de internet. Volvín para ver as vosas mensaxes, e houbo un vídeo que me emosionou espesialmente. A estas alturas xa debedes saber cal é. Esta é a miña resposta.

  • Xiana:

    Estou en urxensias acompañando a Baldo. Rompéronlle o narís.   :__(

    • Mejuto
      Mejuto:
      Te dejaron guapo, guapo :))
    • Ana
      Ana:
      BALDO! BALDO, JODER QUÉ TE FIXERON!? QUÉ FIXECHES TI!? TOLEACHES!? COMO SE CHE OCURRE!
  • Xiana:

    Xa estou na casa, miña nai está un pouco mosqueada porque é tarde, e ademais veño pingando pola choiva...  Pero dame ighual, aínda non baixei da nube de onte. Subín aínda máis se cabe. Por serto, o véxovos moi pouco atentos ao xogho que vos propuxen. Queredes saber con quen estiven??   Pois si, confésoo, fun dar unha volta en moto cun vello amigho de Ribeira que se chama Jonathan París... 

    • Ana
      Ana:
      Creo que despois disto de Jonathan (!) imos ter que falar un cachiño, nooon?
    • Baldo
      Baldo:

      Jonathan que?? Xia, faltaches á asemblea, xa che vale. Mandeiche un mail contándoche o que falamos. 

  • Xiana:

    O voso descoñesemento da comarca de Boiro paréseme fatal... Vou probar cun bar, que seghuro que vos é máis familiar (e ademais está a chover).  

  • Xiana:

    E aghora onde estou?  Premio para o que aserte!! 

    • Xiana
      Xiana:
      PREMIO PARA CARAPUCHA!!! :):):) Si, isto é no Pazo de Goiáns.
    • Ana
      Ana:
      O importante non é ONDE estás, se non, CON QUÉN estás. Ademáis... véxoche moi "acalorada".
  • Xiana:

    Imos faser un xogho, vale?  Tedes que adiviñar onde estou!  

  • Xiana:

    Quen contaba que esta tarde ía ir de excursión?  Todo son sorpresas!   ;)

  • Xiana:

    Para selebrar os meus 15 anos meus pais trouxéronme comer ao Miramar. Como me ghusta este sitio!  E tamén me fixeron reghalos...  ♥♥♥

    • Xiana
      Xiana:

      Miña nai fixo as fotos co teléfono novo que ten. :)

    • Xiana
      Xiana:
      Uala! Un ipad!!!!!!!! :_____)))))) Quérovos papis!!!!!
  • Xiana:

    Estou en clase de tecnoloxía, por fin puiden conectarme!  

    Onte coa emosión esqueseume poñervos este vídeo do que para min foi o mellor momento da festa: cando cheghou Tonhito de Poi. Tamén me daba un pouco de verghonsa ensinárvolo porque saio chorando como unha parva...  Pero grasiñas a Sara por ghravalo, para min é un recordo que ghardarei sempre. E a Tonhito... non teño palabras. Lástima que xa marcharan algunhas das miñas amighas cando cheghou. Pero aí o tendes, non o soñei.

    Eu quero estar namorada de vosé!  Viva o amor!!! 

    • Ana
      Ana:
      Eu a pouco máis nin o dou presentado... Foi realmente xenial. :D