Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Amores Prohibidos 2.0

Como sería Romeo e Xulieta se os protagonistas fosen uns rapaces que viven en Boiro no 2012? Poderían vivir o seu amor co conflito lingüístico de fondo? É posible facer unha obra de teatro sen escenario, usando soamente a web e as redes sociais? Amores Prohibidos 2.0 tentou responder estas preguntas e poñer en escena un clásico actualizado ao soporte dixital. Aquí podes ver o que aconteceu na vida de Romero e Xiana do 23 ao 27 de abril, seguir as conversas e as interaccións cos personaxes. Saber máis

Garda Civil 2

En escena

  • Garda Civil 2:

    Boas tardes. Estamos levando a cabo unha investigación relacionada coa desaparición de Xiana Souto González, que nos levou a intervir en distintas redes sociais e sitios webs, entre eles este. Por tanto, a partir deste momento todas as mensaxes e perfiles aloxados nesta páxina serán intervidos e investigados por se ofrecesen algunha pista para dar co paradeiro do referido suxeito obxecto de busca. 

    Aproveitamos esta ocasión para advertir unha vez máis, sobre todo aos individuos menores de idade, que convén extremar as precaucións cando se opera en internet. Non compartir con ninguén fotos persoais, íntimas ou que comprometan o prestixio ou a integridade da persoa. Nin sequera co teu mellor amigo, coa túa noiva, co teu profesor nin ninguén. Os axentes da Garda Civil especializados xa coñeemos numerosos casos de vítimas... xa detivemos a moitos... xente que distribúe este tipo de imaxes a traición... Algunhas actrices xa o pagaron caro.

    Solicitamos a vosa colaboración.

    • Rossi
      Rossi:
      Yo tengo esta foto que no he querido publicar por no violar la intimidad de sus protagonistas, pero por si le sirve de ayuda al Guardia Civil 1 ahí la dejo.
    • Garda Civil 2:
      En respuesta a la persona que se identifica como Mejuto, he de decirle que en el juego, y en ello se incluiría el fútbol, es donde más peligros suele haber, pues los sujetos se sienten seguros mientras realizan una actividad que les resulta habitual y que llevan a cabo rodeados de gente conocida para ellos, situación que una persona malintencionada puede aprovechar para actuar desvirtuando una práctica que debiera ser inocente.
    • Mejuto
      Mejuto:
      Hola, buenas tardes. Muchas gracias por su trabajo en este caso. Yo en mi tuenti nunca cuelgo ninguna foto que no sea jugando al fútbol con más gente. Eso tiene algún peligro, señor agente?