Rede Nasa
Amores Prohibidos 2.0
Como sería Romeo e Xulieta se os protagonistas fosen uns rapaces que viven en Boiro no 2012? Poderían vivir o seu amor co conflito lingüístico de fondo? É posible facer unha obra de teatro sen escenario, usando soamente a web e as redes sociais? Amores Prohibidos 2.0 tentou responder estas preguntas e poñer en escena un clásico actualizado ao soporte dixital. Aquí podes ver o que aconteceu na vida de Romero e Xiana do 23 ao 27 de abril, seguir as conversas e as interaccións cos personaxes. Saber máis.
En escena
-
Garda Civil 1:
Infórmase que a investigación levada a cabo desde o día de onte pola noite en relación coa desaparición da menor Xiana Souto González deuse por rematada a primeira hora da mañá do día 27 de abril de 2012, ao ser localizada no servizo de urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), onde está a ser atendida dunha intoxicación leve. A menor está custodiada por un axente á espera da chegada da súa familia, que xa está avisada oficialmente. Este é o contido do parte médico facilitado polos facultativos que a atenderon.
Xiana Souto González. Foi atendida ás 06,48 h. do venres 27 de abril no servizo de urxencias do CHUS por unha intoxicación leve por inxesta de alcóol, séndolle prescrito tratamento médico e repouso. Pendente de evolución. Seralle dada a alta nas próximas horas. (tradución literal do orixinal)
-
Garda Civil 1:
Informamos dende o posto da Garda Civil de Boiro. Damos conta da aparición dun teléfono móbil no autobús Arriva da liña Ribeira - Santiago. Crese que pertence a unha rapaza duns quince anos que subiu na parada de Boiro ás 10:30am. Podería pertencer á moza de Cabo da Cruz cuxa desaparición denunciaron este mediodía os seus familiares. A Garda Civil está a examinar o disporitivo, que estaba desconectado, e investigará as súas últimas chamadas e mensaxes para buscar algún sospeitoso. Daremos máis información en vindeiros partes.
-
Garda Civil 2:Con isto das redes sociais e os adolescentes calquera precaución é pouca, amigos.
-