Rede Nasa
Curva España
Curva España
Abrimos este espacio para documentar el proceso de creación de Curva España, el nuevo proyecto de Chévere que se estrenará en julio de 2019. Como otras veces, partimos de una historia muy local: la de la Curva España, situada en la antigua caretera de Gudiña a Verín, en la provincia de Ourense. Hace décadas que por allí no pasa el tráfico, pero la gente la sigue llamando así en recuerdo de José Fernández España, un ingeniero que murió en 1927 en ese mismo lugar al caer su coche por un barranco, cuando realizaba el diseño del trazado de la variante sur de la línea ferroviaria Puebla de Sanabria-Ourense.
-
Unha sesión de fotos
Hoxe aproveitamos que o inverno dera unha tregua para ir sacar unhas fotos que nos acompañásen nos comezos de Curva España e que nos valesen como material gráfico mentres acabábamos de definir a imaxe do novo proxecto. Estamos nunha fase inicial e aínda non sabemos exactamente que camiño vai coller o proxecto, así que de momento decidimos ir ao seguro: aparecerían Xron, Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo e unha vía de tren.
Así que alá fomos no coche, acompañados polo sol de inverno, na procura dun anaco de vía ao que aínda se puidese acceder. Alguén nos falara dun tramo de vía abandonada non lonxe de Santiago, pero, cando chegamos, logo dun paseo polo medio do monte e de meter os pés nun lameiro, descubrimos que a xente fora levando aos poucos os ferros e as travesas, e que do antigo trazado ferroviario só quedaba unha longa franxa deprimida que semellaba a vacía dun río seco.
Non nos demos por vencidos e dirixímonos á antiga estación de Berdía, onde aínda se conserva o edificio do despacho de billetes, os bancos para agardar o tren e mesmo un vello letreiro de RENFE. O camiño de ferro, desaparecidos.
Resignados, volvimos a Santiago e entramos na estación polo lado de Pontepedriña. Arrombados nun recuncho, e ocultos pola obra da futura estación intermodal atopamos por fin raís, travesas e, probablemente, un dos derradeiros anacos de vía que quedan sen valar.
Haz login o regístrate para poder comentar