Rede Nasa
As Fillas Bravas
As Fillas Bravas
As Fillas Bravas son tres mujeres que tocan y cantan lo que les da la gana como antes hicieron su madre y la madre de su madre, porque todas son hijas del viento, mujeres de andar entre los tojos, orgullosas de venir de "tras da silveira", cantoras de una estirpe de voces furtivas que gritan entre zorros.
-
Bravas contra o cambio climático
As Fillas Bravas estiveron o día 10 de abril no Teatro Principal de Santiago para conducir e dinamizar a gala Bravas contra o cambio climático, no que tamén estiveron presentes o contador Celso Sanmartín, un grupo de rapaces e rapazas do Centro Cívico de Conxo e Miguel Pardellas, do grupo de investigación en pedagoxía social e educación ambiental (SEPA) da USC, que organizou o acto.
O obxectivo da gala era darlle a coñecer ao público o programa Descarboniza, que non é pouco, que nos últimos dous anos vén artellando e acompañando a grupos de persoas da cidade que estean dispostas a descarbonizar os seus estilos de vida e reducir así as emisións de gases de efecto invernadoiro.
-
Funciones de verano: en los Pendellos de Agolada y Valdoviño
As Fillas Bravas en todos los rincones que haya.
-
As Fillas Bravas viajan a Mondim de Basto para participar en el festival Miguel Torga
As Fillas Bravas viaxaron o pasado 10 de marzo a Mondim de Basto, en Portugal, para participar no noveno festival de teatro Miguel Torga, dende onde nos mandan esta foto.
-
As Fillas Bravas percorreron o concello de Teo
As Fillas Bravas completaron no local da Asociación O Cachón de Vilar de Calo, unha ampla xira polas parroquias que conforman o territorio do concello de Teo. Ao longo dos últimos meses, os cantos emancipatorios das Fillas Bravas chegaron a máis de 1.500 veciñas e veciños de Bamonde, Francos, Solláns, Lampai, Calo, Os Tilos, Luou, Pontevea, Cacheiras e Lucí. Un traballo que foi posible grazas ao proxecto de residencia teatral que Chévere desenvolve en colaboración co concello de Teo.
-
As Fillas Bravas inauguran o curso da Escola Municipal de Teatro de Narón
O 17 de outubro a Escola Municipal de Teatro de Narón abriu o curso escolar cunha función especial das Fillas Bravas para o alumnado de todos os grupos que conforman a escola. Foi no vello auditorio municipal de Narón, no que a escola ten a súa sede. Ao rematar a función fíxose un animado coloquio entre o público e as actrices Patricia, Mónica e Arantza, moderado por Xesús Ron. Esta foto documenta o encontro. Longa vida ao teatro!
-
As Fillas Bravas en Solleiros
Neste vídeo-reportaxe de Quadra Producións podedes achegarvos á experiencia de levar ás Fillas Bravas actuar a unha casa da aldea de Solleiros (Esteiro, Muros) para un grupo de veciñas, coas que compartimos un tempo de lecer, conversa e comida en clave feminina.
-
Como se fixo as Fillas Bravas?
La empresa Promove realizó este reportaje sobre el proceso de creación As Fillas Bravas, que hoy compartimos con vosotros.