Rede Nasa

Combina los criterios de búsqueda para encontrar el material que estás buscando


Vídeo

Rock gallego en la Nasa

Polo escenario da Nasa non pasou todo o mundo, pero si boa parte del. Facendo historia a través do seu arquivo podemos atopar moitos dos grupos máis influíntes do rock galego deste periodo: os concertos de Rock Parrulo, o Bravú, os ciclos de Redenasa.son... Hoxe recompilamos unha serie de gravacións para recordar tempos pasados, imaxinar tempos futuros e recordar a Sala Nasa e a dua labor como escaparate da cultura galega.

  • Anterior
  • Siguiente
Insertar

Os Diplomáticos de Monte Alto

Os Diplomáticos de Monte Alto tocaron un lote de veces na Nasa ao longo dos anos 90. Aquí vos deixamos un fragmento dun concerto do ano 1996, en plena voráxine bravú, presentando as cancións do seu terceiro disco: "Avante Toda". Daquela soaban ben fresquiñas estas versións ao vivo de Talleres Carnotxo e O incleible Bestilleiro (o panadeiro hevi).