Rede Nasa

Combina los criterios de búsqueda para encontrar el material que estás buscando


Comentarios

Fidel e Xacobe xa están na sala para iniciar os traballos de montaxe de iluminación, vídeo e son. Isto vai collendo forma de vagar.
| Eurozone
Hoxe visitounos o equipo do programa ZigZag da Galega, uns resistentes que seguen empeñados en que a nosa cultura teña presencia nunha canle pública en horas moi baixas. Se vén a tele é un síntoma de que a estrea está cada vez máis perto, así que decidimos baixar esas escaleiras e afrontar o último treito dos ensaios con determinación.
| Eurozone
Unha proba do cartaz. Que vos parece? Ten as letras tipo luminoso, unha referencia aos casinos que poderiamos imaxinar á beira dunha estrada perdida. Ten os dous tipos loitando, coas estrelas da bandeira europea, como alusión á situación actual de Europa. E son dous homes sen rosto, ocupado por dous billetes de euro, outra referencia a como os cartos e a economía se apoderan das nosas vidas (isto tamén é unha cita a un pintor galego desaparecido hai uns poucos anos a quen aprezabamos moito, F. García Varela, que a finais dos setenta pintou todo unha serie de cadros representando a aquela sociedade da Transición como homes traxeados que en lugar de cabeza tiñan diñeiro. Como se non pasaran os anos...)
Seguimos traballando no mundo casino e fixemos esta proba para unha tragaperras dedicada aos líderes europeos. É evidente a relación entre as esfera da economía, a esfera da política e a esfera dos xogos de "azar". O símil do casino para referirse á escena económica actual utilízase a cotío. E nós estamos tratando de introducir un momento-casino na obra, aproveitando que o espazo no que transcorre a acción será unha especie de templo do xogo que non chegou a ser inaugurado, como tantos outros edificios construídos nos últimos anos.
Hoxe Arantza está de cumpreanos, parabéns! (e a semana pasada foron Manolo e Miguel)
Buscando o tratamento de cada escena, o 'slastic' colouse en Eurozone nesta discusión que manteñen Francia e Reino Unido sobre o papel de España na Unión Europea. É un xeito de sinalar como se quitan de enriba este pequeno marrón que se supón que é España neste momento.
E chegaron os casinos online legais, que é como a Eurzone, un territorio onde o roubo a gran escala é legal. Aquí tedes un vídeo feito por un usuario no que trata de contar a verdade sobre os casinos online... É como se alguén tratase de denunciar cal é a verdade sobre o funcionamento da economía na Eurozone, non lle chegan nin estes 30 minutos de vídeo.
| Eurozone
O mundo casino colouse en Eurozone, era inevitable cando estás traballando sobre movementos de diñeiro. E falando de casinos, hai que falar de moquetas, aquí un artigo simpático que trata de explicar por que as alfombras dos casinos son tan feas: http://www.yorokobu.es/%C2%A1jugad-jugad-malditos/