Madrid está inzado de marquesinas con publicidade de Eurozone, tamén había algunhas no metro. Esta é da zona da Praza Maior, onde houbo que tomarlle un relaxing café-con-leche...
Rede Nasa
Comentarios
Ensaio na sala Mirlo Blanco do teatro, dedicada a Rivas Chérif. Mudar o texto a castelán leva o seu traballiño, hai que resetear o corpo e as mecanizacións dos movementos e dos xestos para que non saia automaticamente o galego que levamos dentro.
Sorpresón. O día da estrea pola mañá apareceu polo teatro un dos nosos escenógrafos e escultores favoritos, Nico Nubiola, que traballou con nós en Valle Inclán Pirata e Clownfutbol e que expuxera na Nasa hai moitos anos. Andaba de paseo por Madrid con Jessica e os seus fillos Emilia e Darío, que se quedaron pola tarde a ver a función. Unha alegría máis nesta cidade.
O día antes da estrea houbo rolda de prensa no teatro, aquí o CDN monta unha especie de almorzo coa xente dos medios. Viñeron unha ducia de xornalistas e falamos durante unha hora con eles. Moito sobre Eurozone, claro, pero o traballo que estamos facendo en Teo como compañía residente suscitou moita curiosidade. Jacobo Sutil, director da Agadic, que tamén estaba presente, tomou nota das cousas que realmente interesan e funcionan. Esperamos que sair fóra tamén sirva para consolidar o que temos dentro, e as compañías residentes necesitan da participación da Agadic, que o ano pasado e unilateralmente decidiu deixar de apoialas.
Montaxe do espectáculo na sala Francisco Nieva. Ten pouca capacidade pero xa vedes o grande que é o escenario, é un espazo perfecto para Eurozone. Nunca houbo tanta xente traballando para facer unha montaxe de Chévere, perdimos a conta.
Este é o cartaz que fixeron no CDN para Eurozone, deseño de Mar López e Riki Blanco. Recolle a idea da peli de Tarantino con eses cans trabándose uns aous outros e tamén a idea de Europa, colocando os cans en lugar das estrelas... Gústavos?
Esta é a primeira imaxe que atopamos ao chegar a Lavapies e mirar para a fachada do Teatro Valle Inclán, pancartón pintado a man de Eurozone.
Chegamos a Madrid e tivemos unha excelente acollida nesta primeira semanas
En outubro retomamos a xira de Eurozone, serán tres meses moi intensos. De momento, ver o teatro totalmente cheo en Carballo e Ourense e a máis de 400 persoas en Vilagarcía son feitos moi ilusionantes para a xente que seguimos facendo teatro e tratando de vivir disto. A xente quere teatro!
Desta vez non, estaremos só na Coruña e carballo.