Rede Nasa

Combina los criterios de búsqueda para encontrar el material que estás buscando


Amores Prohibidos 2.0

¿Como sería Romeo y Julieta si los protagonistas fuesen unos chavles que viven en Boiro en el 2012? ¿Podrían vivir su amor con el conflicto lingüístico de fondo? ¿Es posible hacer una obra de teatro sin escenario, usando solamente la web y las redes sociales? Amores Prohibidos 2.0 ha intentado responder estas preguntas y poner en escena un clásico actualizado y adaptado al mundo digital. Aquí puedes ver lo que pasó en la vida de Romero y Xiana del 23 al 27 de abril, seguir las conversaciones y las interacciones con los personajes. Saber más

En escena

Día 4: jueves

  • Xespir
    Xespir:

    Hoxe foi un día de grandes emocións, pero aínda hai un xiro final.

    Cachadaleaks pásame estre triste correo que lle acaba de enviar Xiana a Romero coa esperanza de que o lea algún día, pois está incomunicado. 

  • Xespir
    Xespir:

    Bo día. Por dicir algo. Na Cachada, despois do de onte, aínda tremen os cimentos do instituto. A cicloxénese non é un fenómeno atmosférico. É a onda expansiva derivada do estalido dunha guerra filolóxica. Unha guerra á que lle faltan aínda uns cantos episodios. Pois sigamos na trincheira.

  • Xespir
    Xespir:

    A esta hora, os rapaces da Cachada están en clase, e Romero acaba de ingresar nun coñecido internado compostelán. Cal? Revélanolo Cachadaleaks

  • Baldo
    Baldo:

    Ei, vistes a Xiana?  Non apareceu pola clase de Hermida a primeira hora... e no recreo busqueina pero tampouco a atopei.  :S

    • Baldo
      Baldo:

      Acabamos de ir pola casa de Xiana e non está, imos coa súa nai ajora á Jarda Sivil. :(

    • Baldo
      Baldo:
      pffff pois o teléfono teno apajado, e se non é por estar en clase a ver por que é...
    • Baldo
      Baldo:

      Mimá, ajora que me conectei vexo que no Tuenti tampouco está. Aparese como que xa non somos amijos... que comedia é esta?  Tanto se enfadou polo de onte? En serio, empésome a preocupar. Se a vedes disídelle que me chame.

  • Rossi
    Rossi:

    Baldo, a lo mejor ayer me pasé un poco. No pensé que Romero te fuera dar tan fuerte, ya le vale. Pero que sepas que se comenta por ahí que estás muy sexi con esas cicatrices.

    • Baldo
      Baldo:
      Rossi, por casualidade non verías a Xiana... Xa teño que estar desesperado para prejuntarche a ti, pero estoulle prejuntando a todo o mundo. Se sabes aljo avisa.
  • Ana
    Ana:
  • Xespir
    Xespir:

    Acabo de acordarme de que teño unha vella amiga que é profesora de inglés no Peleteiro. Vouna chamar a ver se sabe algo de Romero.

  • Nai de Xiana:
  • Ana
    Ana:
  • Baldo
    Baldo:

    Ajora ao saír de clase fomos a casa de Xiana, e súa nai tampouco sabe nada dela, pensaba que estaba no instituto porque saíu pola mañá sedo. Isto ten moi mala pinta. Fun con ela á Jarda Sivil poñer unha denunsia, pero tamén temos que tomar nós a inisiativa para buscala. Axudádenos poñendo este cartel onde poidades: na rúa, no Facebook, no Tuenti... temos que atopar a Xiana entre todas e todos!!!

    • Rossi
      Rossi:
      Dejémonos de niñerías, Sandra y compañía. Ahora lo importante es Ella. Yo por mi cuenta ya etiqueté a todo el mundo en el tuenti con el cartel.
  • Garda Civil 1:

    Informamos dende o posto da Garda Civil de Boiro. Damos conta da aparición dun teléfono móbil no autobús Arriva da liña Ribeira - Santiago. Crese que pertence a unha rapaza duns quince anos que subiu na parada de Boiro ás 10:30am. Podería pertencer á moza de Cabo da Cruz cuxa desaparición denunciaron este mediodía os seus familiares. A Garda Civil está a examinar o disporitivo, que estaba desconectado, e investigará as súas últimas chamadas e mensaxes para buscar algún sospeitoso. Daremos máis información en vindeiros partes. 

    • Garda Civil 2:
      Con isto das redes sociais e os adolescentes calquera precaución é pouca, amigos.
  • Ana
    Ana:
  • Xespir
    Xespir:

    Estou especialmente emocionado. Chegounos agora unha mensaxe en vídeo, procedente dun lugar moi próximo á miña casa. Teño morriña, teño saudade. Grathanks, amigas.

    Xa me encargo de que Mejuto, Rossi e Xiana tomen boa nota dos vosos consellos. 

  • Ana
    Ana:
  • Garda Civil 2:

    Boas tardes. Estamos levando a cabo unha investigación relacionada coa desaparición de Xiana Souto González, que nos levou a intervir en distintas redes sociais e sitios webs, entre eles este. Por tanto, a partir deste momento todas as mensaxes e perfiles aloxados nesta páxina serán intervidos e investigados por se ofrecesen algunha pista para dar co paradeiro do referido suxeito obxecto de busca. 

    Aproveitamos esta ocasión para advertir unha vez máis, sobre todo aos individuos menores de idade, que convén extremar as precaucións cando se opera en internet. Non compartir con ninguén fotos persoais, íntimas ou que comprometan o prestixio ou a integridade da persoa. Nin sequera co teu mellor amigo, coa túa noiva, co teu profesor nin ninguén. Os axentes da Garda Civil especializados xa coñeemos numerosos casos de vítimas... xa detivemos a moitos... xente que distribúe este tipo de imaxes a traición... Algunhas actrices xa o pagaron caro.

    Solicitamos a vosa colaboración.

    • Rossi
      Rossi:
      Yo tengo esta foto que no he querido publicar por no violar la intimidad de sus protagonistas, pero por si le sirve de ayuda al Guardia Civil 1 ahí la dejo.
    • Garda Civil 2:
      En respuesta a la persona que se identifica como Mejuto, he de decirle que en el juego, y en ello se incluiría el fútbol, es donde más peligros suele haber, pues los sujetos se sienten seguros mientras realizan una actividad que les resulta habitual y que llevan a cabo rodeados de gente conocida para ellos, situación que una persona malintencionada puede aprovechar para actuar desvirtuando una práctica que debiera ser inocente.
    • Mejuto
      Mejuto:
      Hola, buenas tardes. Muchas gracias por su trabajo en este caso. Yo en mi tuenti nunca cuelgo ninguna foto que no sea jugando al fútbol con más gente. Eso tiene algún peligro, señor agente?
  • Romero
    Romero:

    Por fin encontré un ordenador aquí destranjis. Mimá, cuantos correos tengo sin leer...

    • Mejuto
      Mejuto:
      Oye tio no me dejes así, que mail puede ser más importante que hablar con un colega?
    • Romero
      Romero:
      Que dices, no puede ser, tio... Espera, estoy viendo un mail que tengo que leer ya, luego hablamos.
    • Mejuto
      Mejuto:
      Míos no encontrarás fijo, porque tengo abandonado el tuenti desde ayer. No sabes la que se armó aquí hoy, colega. Te acuerdas de la prima de Baldo? Esa de 3º que estaba de cumpleaños en la fiesta de los paletos el otro día, no sabes? Anda desaparecida y todo el mundo la está buscando. No sé de que se extrañan, estos galleguistas andan más perdidos que su propia causa. Tú que tal en Peleteiro?
  • Ana
    Ana:
    • Xespir
      Xespir:
      Hai que pinchar no enlace de instagr.am para ver a foto, paréceme a min.
  • Baldo
    Baldo:

    Estivemos pejando toda a tarde carteis por Boiro, Ribeira, a Pobra... Esperamos que sirvan para aljo. Jrasias de corasón a todas e todos os que nos estades a botar unha man. 

    • Rossi
      Rossi:
      Lo que haga falta, Baldo. Ya sabes. Un beso.
  • Romero
    Romero:

    Xiana, ía contestarche o correo pero dada a situación, mellor dígocho de palabra, e de paso entéranse todos. Quero que isto sexa público. 

    • Director do IES A Cachada:
      Baldo acaba de avisarme para que vexa este vídeo e de aclararme ata onde chega a súa responsabilidade na pelexa de onte. Romero non é un santo pero tal vez non mereza un castigo tan grande. Podería xuntar o Consello Escolar para que reconsidere a súa expulsión, pero para levar adiante ese trámite precisaría dun amplo apoio da comunidade escolar. Vou facer unha excepción: se me conseguides como mínimo 200 sinaturas apoiando unha petición para que sexa readmitido creo que non sería difícil convencer o resto do Consello Escolar. Atentamente, Mariano
    • Rossi
      Rossi:
      Hay gente que cambia de repente, que un día piensa una cosa y al día siguiente la contraria. Pero yo sigo siendo fiel a Mí Misma. <3
    • Baldo
      Baldo:

      A túa linjua vese que está áxil, o meu naris inda tá morado... Pero benvido ao lujar que nunca debiches abandoar. Vese que falas con sinseridá e que falas ben. Díjoche unha cousa, Romero, estou sejuro de que Xiana marchou por ti, así que ajora temos que faser aljo xuntos, ti, eu e máis todos os demais. Se consejimos que che readmitan, ijual ela aparese. Vou falar xa co director, haino que convenser. É que xa non sei que faser, tío. 

    • Mejuto
      Mejuto:

      No me lo puedo creer!!! (a lo mejor dentro de un rato soy capaz de decir algo más)

  • Ana
    Ana:
  • Baldo
    Baldo:

    Xa vistes o que dixo Mariano. Para consejir o noso obxectivo desta vez temos que estar todos xuntos. Temos pouco tempo e hai que actuar. Quero pedirvos a colaborasión a TOD@S: jallejo e castelánfalantes, deportistas, das traíñas, do volley, os de Cabo e as de Boiro, jrandes e pequenos, do Tuenti, do Twitter, do Facebook... a todos e todas. Incluídas esas persoas que poñen dous ss no nome.

    Todo o mundo, a unha:

    TEÑEN QUE READMITIR A ROMERO, TEN QUE APARESER XIANA.

    Asinade aquí e pasádeo.

    • Baldo
      Baldo:
      Ai, o carallo este do Actuable acaba de aumentar as sinaturas a 300, el só. Pois tamén as podemos consejir, coa vosa axuda ;)
  • Ana
    Ana: