• Entra no teu camarote|
  • Rexístrate|
  • Contacto|
  • Axuda|
  • A Sala Nasa|
  • In English

Rede Nasa

  • Camarote
  • Programa de mareas
  • Periscopio
  • Bodega
Entrar no meu camarote
Amosar todo o programa
Mirar polo periscopio
Explorar toda a bodega

Programa de mareas

  • « xaneiro 2012
  • marzo 2012 »

Programación de febreiro

Citizen

Chévere Citizen

Xira por Galicia de febreiro a xuño 2012

Citizen, a triloxía dos Chévere sobre o imperio téxtil de A.O. comeza a súa xira por Galicia, levando a obra por 13 concellos entre febreiro e xuño de 2012 e realizando un total de 21 funcións. As primeiras son en Tui (venres 3 febreiro), Milladoiro-Ames (venres 24 febreiro) e Vilagarcía (sábado 25 febreiro). Segue lendo apra ver o calendario completo. Sigue lendo

Mujer muerta caminando

Cámara Negra Mujer muerta caminando

Do 1 ao 25 de febreiro na ZonaC de Bonaval

A ZonaC de Bonaval ábrese a novas propostas escénicas e comeza en febreiro (tódolos xoves, venres e sábados) programando esta peza dirixida por Carlos Álvarez-Ossorio a partir de textos de Dostoievski e músicas de Monteverdi, Bach e John Cage entre outros. Sigue lendo

Miniaturas

Teatro Ensalle Miniaturas

do 3 ao 12 de febreiro Teatro Ensalle-Vigo

O Teatro Ensalle estrea a súa nova produción, que se poderá ver as dúas primeiras findes de febreiro na súa sala de Vigo, rúa Chile 15. Sigue lendo

Tulipanes

David Loira Tulipanes

A Coruña Teatro Rosalía sábado 4 febreiro 20,30h.

O bailarín e coreógrafo David Loira presenta o seu terceiro traballo individual á procura da máxima hibridación con outras disciplinas artísticas como o teatro, o clown, o cine mudo. Sigue lendo

Presenza activa. Acción, obxecto e público

La Ribot, Maja Bajevic, John Bock, Gary Hill e outros Presenza activa. Acción, obxecto e público

9, 10 e 11 febreiro, MARCO, Vigo

Esta semana inaugúrase no MARCO de Vigo unha mostra que quere establecer relacións entre a práctica da performance e a instalación. Durante tres días, diferentes artistas internacionais presentarán ao público as súas performances, un formato pouco presente na carteleira galega, polo que haberá que aproveitar a oportunidade. Sigue lendo

Usted está aquí

Licenciada Sotelo Usted está aquí

10, 11 febreiro 20,30h. Salón Teatro Compostela

A bailarina Nuria Sotelo xúntase ao bailarín vasco Natxo Montero e á directora Ana Vallés para construír unha peza que, desde a práctica da danza, segue a explorar os límites da realidade e a representación, as diferencias entre información e comunicación. Onde comeza unha e retama a utra, que é máis natural ou improvisado, onde reside o artificio, onde comeza a danza e onde remata o teatro. Sigue lendo

Soños

Cía. Bichakadela Soños

11,12 febreiro 21,00h. Sala Santart Compostela

Soños é un espectáculo de teatro contemporáneo da compañía Bichakadela, que nace a partir das músicas de Ignacio Sanz. Esta obra pretende ser unha inmersión nos desexos, a realidade e a percepción que temos da mesma. Sigue lendo

Encontro Off Interncional Economía e Cultura

Comunidade Off Encontro Off Interncional Economía e Cultura

Febreiro xoves 16, venres 17, Compostela Baleiro USC

Convócase o IV Encontro Off como resposta ao Encontro Internacional de Economía e Cultura. O encontro terá lugar os días 16 e 17 de febreiro en *Baleiro*, espazo anexo á Facultade de Filoloxía da USC en Santiago de Compostela. Nesta ocasión, a comunidade Off fai de espello ao Encontro Internacional de Economía e Cultura que nas mesmas datas terá lugar na Cidade da Cultura de Galicia. Sigue lendo

Paper Dolls

Inversa Teatro Paper Dolls

Febreiro venres 17, sábado 18 ás 20,30h. Compostela Salón Teatro

Paper Dolls é un proxecto peculiar e experimental que consta dunha obra de teatro + un documental sobre o propio proceso de creación da peza que sempre acompaña ás representacións. A obra está dirixida por Lola Correa e conta coas actrices Vanesa Sotelo e Marta Pérez. Sigue lendo

Unha... Dúas... Tres... Que conto é o que ves?

Cristina F Unha... Dúas... Tres... Que conto é o que ves?

Febreiro venres 17 ás 19,00h. Vigo Fundación Laxeiro

Unha... dúas... tres... que conto é o que ves? é unha exposición participativa na que o público irá intervindo de xeito que a montaxe irá mudando de aspecto, convertendo aos nenos e nenas que visiten a exposición en protagonistas. Para a apertura o venres 17 poderemos compartir un bocata de cinco metros de longo. Na Fundación Laxeiro de Vigo ata o 11 de marzo, Rúa Policarpo Sanz 15, 3º. Sigue lendo

  • « xaneiro 2012
  • marzo 2012 »
Sala Nasa
  • Contacto
  • Aviso legal
  • Facebook
  • Twitter
A navalla suíza