• Entra no teu camarote|
  • Rexístrate|
  • Contacto|
  • Axuda|
  • A Sala Nasa|
  • In English

Rede Nasa

  • Camarote
  • Programa de mareas
  • Periscopio
  • Bodega
Entrar no meu camarote
Amosar todo o programa
Mirar polo periscopio
Explorar toda a bodega
  • Contacto
  • Aviso legal
  • Axuda
  • Colofón
  • Licenza
  • In English
  • Colaboradores

Licenza

Vídeos e imaxes

Os vídeos e as imaxes publicadas nesta web son propiedade dos seus autores/as (cadaquén o seu).

Os vídeos e as imaxes publicadas pola Sala Nasa están liberados con licenza Creative Commons by-nc-sa. Iso quere dicir que podes empregar os vídeos e as imaxes como queiras, sempre que digas de onde sacas o material, que non tires beneficio económico del, e que o produto resultante teña a mesma licenza. E outro tanto pasa cos textos da web.

Os usuarios e usuarias que publiquen contidos asumen que detentan a propiedade intelectual deses contidos. Os vídeos e as imaxes publicadas polos usuarios e usuarias da web serán tamén, e por defecto, liberadas coa mesma licenza Creative Commons by-nc-sa. Se alguén quere facer unha excepción a esta norma, pódese poñer en contacto coa Rede Nasa por correo electrónico (info@redenasa.tv).

Os vídeos procedentes de Youtube terán a licenza que se indique na páxina de orixe respectiva.

Se houbese materiais publicados con licenzas máis restritivas, faríase explícito para cada un deles.

A web

A web está creada empregando software libre. O código está realizado cos frameworks de php e CSS phpCan e cSans, respectivamente, que están liberados con licenza GNU Affero 3.

En canto se acade unha versión estable do código desta web, liberarase cunha licenza libre.

Sala Nasa
  • Contacto
  • Aviso legal
  • Facebook
  • Twitter
A navalla suíza