Esta web é un produto da Sala Nasa, realizado por A navalla suíza entre finais de 2009 e a primeira metade de 2010. Foi presentada o 25 de maio de 2010.
No proceso de creación da web só se empregou software libre.
O logotipo da Rede Nasa é unha creación da Navalla suíza. A tipografía usada nel é a Revue Studio, deseñada en 1968 por Colin Brignall para Letraset.
No resto da web úsanse as tipografías Stencil (para os menús), deseñada en 1937 por R. Hunter Middleton para a American Type Founders, a Arial (deseñada por Monotype para Microsoft), a Georgia (deseñada por Matthew Carter) e en menor medida, a Helvetica, deseñada por Max Miedinger.
O fondo da web é un degradado industrial de creación propia. As cores dominantes son o negro (#000000), distintas gamas de dourado (o #99996B é o máis frecuente), o azul (#0D3447) e o vermello (#802525).