• Entra no teu camarote|
  • Rexístrate|
  • Contacto|
  • Axuda|
  • A Sala Nasa|
  • In English

Rede Nasa

  • Camarote
  • Programa de mareas
  • Periscopio
  • Bodega
Entrar no meu camarote
Amosar todo o programa
Mirar polo periscopio
Explorar toda a bodega
  • Contacto
  • Aviso legal
  • Axuda
  • Colofón
  • Licenza
  • In English
  • Colaboradores

Axuda

Para que vale rexistrarse?

Se te rexistras na web poderás ter un acceso completo (ou case) a todas as súas funcións. Poderás publicar fotos e vídeos, poderás facer camaradas, deixar comentarios, seleccionar os eventos aos que tes pensado asistir e interaccionar ao completo coa web e cos demais usuarios/as.

Ollo, estar rexistrado na web non quere dicir ser tripulante.

Entón, que é ser tripulante?

É ter carné da Sala Nasa, do espazo físico. Consulta máis información de todas as vantaxes que dá ser tripulante.

Como podo facer novos camaradas?

Se sabes que algún amigo/a teu xa é camarada podes buscalo polo nome.

Tamén podes mirar os nomes da xente que publicou no muro xeral, que subiu vídeos, que fixo comentarios... e engadilos. E de aí mirar a lista dos seus camaradas, porque "os amigos dos meus amigos meus amigos son".

Como podo subir vídeos?

Podes subir dous tipos de vídeos: os que xa están en YouTube, e os que tes ti ben gardadiños. 

Para engadir un novo vídeo que xa exista en YouTube só tes que escribir a súa url, por exemplo, http://www.youtube.com/watch?v=pa-ZKFmL0XY, e cubrir os campos dos datos.

Para engadir un vídeo que teñas no computador ou no móbil, só tes que seguir os pasos que se indican no formulario

Que son as playlists e como funcionan?

As playlists son series de vídeos que che molan. Podes facer as escolmas que ti queiras.

Primeiro tes que crear unha playlist. E logo tes que ir aos vídeos que che gusten e que publicaran outros, e engadilos un a un á túa playlist.

E os vídeos e fotos, de quen son?

A non ser que se diga especificamente o contrario, os vídeos e as fotos aquí publicados están liberados cunha licenza Creative Commons. Se tes algunha dúbida sobre isto, ponte en contacto coa comandancia da Rede Nasa.

Que pasa! Eu son artista!

Todos/as levamos un artista dentro, pero algúns de nós ademais tocaron, cantaron, bailaron, fixeron teatro ou simplemente subiron ao escenario da Sala Nasa durante un momento de inconsciencia nas súas vidas. A todos e todas esas reservámoslle un pase especial. 

Para acceder ás vantaxes promocionais de ser artista, tes que editar o teu perfil, indicar que es un artista e en condición de que, e enviarnos un correo informándonos de que te rexistraches e con que nome, para que chequeemos o noso log de artistas e che deamos os galóns correspondentes.

Control sobre a miña privacidade

Hai dous niveis de privacidade: ser camarada ou non selo.

Se es camarada poderás acceder a case toda a información da web (hai algunhas cousas de artistas ás que só eles e elas teñen acceso, pero son poucas). Tamén todos e todas as demais camaradas poderán acceder a toda a información que publiques na web. Conforme á lei, toda a información de carácter persoal pode ser editada ou suprimida polas persoas que as produciron. Mira máis sobre isto no aviso legal.

Se non es camarada, nin ves, nin podes ser visto/a.

Sala Nasa
  • Contacto
  • Aviso legal
  • Facebook
  • Twitter
A navalla suíza