Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Mercar entradas para un espectáculo

  • Ultranoite 110

    Logo dun ano repleto de proxectos, por fin temos un anaco para respirar e anuciarvos que volve un dos espectáculos máis queridos polo público e por nós: a Ultranoite, que acompaña á compañía case dende o seu nacemento e vai xa case pola súa edición número 110. Ofreceremos seis funcións repartidas en tres fins de semana, os días 14,15, 21, 22, 28 e 29 de...

Compra de entradas

Lee este texto antes de mercar as entradas!!!

Para mercar as entradas en internet só precisas ser o titular dunha tarxeta de crédito (VISA, Master, JCB, 6000, ou calquera tarxeta de La Caixa) e cubrir todos os datos que che pedimos deseguido.

Despois debes seguir todas as indicacións do programa de compra de La Caixa ata chegar á pantalla de ENTRADA VIRTUAL, que debes imprimir e presentar na billeteira para retirar as entradas.

Podes recoller as entradas na billeteira dende 1 hora antes do comezo das actuacións.

A venda en internet está activa normalmente ata ás 15,00h. do propio día da función, sempre que sexa un día laboral.

Se mercas entradas con dereito a autobús para a Ultranoite, tes que presentar o resgardo da entrada para acceder ao bus. A hora de saída será sempre 45 minutos antes da hora de comezo da función.

10.00 €