Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Mercar entradas para un espectáculo

  • Chévere

    Eroski Paraíso

    A primeira produción de Chévere despois de recibir o Premio Nacional de Teatro Como outras pezas de Chévere, Eroski Paraíso é o resultado dun proceso de procura de varios meses que logo se concreta no local de ensaio. Nesta ocasión fíxose un traballo de documentación previo sobre a sala de festas Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990. Alí coñecéronse Eva Martínez e...

Compra de entradas

Lee este texto antes de mercar as entradas!!!

Para mercar as entradas en internet só precisas ser o titular dunha tarxeta de crédito (VISA, Master, JCB, 6000, ou calquera tarxeta de La Caixa) e cubrir todos os datos que che pedimos deseguido.

Despois debes seguir todas as indicacións do programa de compra de La Caixa ata chegar á pantalla de ENTRADA VIRTUAL, que debes imprimir e presentar na billeteira para retirar as entradas.

Podes recoller as entradas na billeteira dende 1 hora antes do comezo das actuacións.

A venda en internet está activa normalmente ata ás 15,00h. do propio día da función, sempre que sexa un día laboral.

Se mercas entradas con dereito a autobús para a Ultranoite, tes que presentar o resgardo da entrada para acceder ao bus. A hora de saída será sempre 45 minutos antes da hora de comezo da función.

10.00 €