Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Mercar entradas para un espectáculo

  • Companhia de Teatro de Braga: Ainda o Último Judeu e os Outros

    Como parte do seu programa de residencia en Teo, Chévere trae ao Auditorio Constante Liste da Ramallosa unha das producións máis recentes da Companhia de Teatro de Braga (CTB), que traballa en residencia no Theatro Circo de Braga (Portugal), titulada Ainda o Último Judeu e os Outros, que se poderá ver na súa versión orixinal en portugués. Esta obra preséntase por primeira vez en...

Compra de entradas

Lee este texto antes de mercar as entradas!!!

Para mercar as entradas en internet só precisas ser o titular dunha tarxeta de crédito (VISA, Master, JCB, 6000, ou calquera tarxeta de La Caixa) e cubrir todos os datos que che pedimos deseguido.

Despois debes seguir todas as indicacións do programa de compra de La Caixa ata chegar á pantalla de ENTRADA VIRTUAL, que debes imprimir e presentar na billeteira para retirar as entradas.

Podes recoller as entradas na billeteira dende 1 hora antes do comezo das actuacións.

A venda en internet está activa normalmente ata ás 15,00h. do propio día da función, sempre que sexa un día laboral.

Se mercas entradas con dereito a autobús para a Ultranoite, tes que presentar o resgardo da entrada para acceder ao bus. A hora de saída será sempre 45 minutos antes da hora de comezo da función.

6.00 €