Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Mercar entradas para un espectáculo

  • Ultranoite 110 CON AUTOBÚS IDA-VOLTA

    ATENCIÓN: ESTA LIGAZÓN É PARA MERCAR A ENTRADA DA ULTRANOITE XUNTO CUN BILLETE DE IDA E VOLTA DE SANTIAGO A RAMALLOSA (TEO) NO ULTRABÚS! O Ultrabús está pensado para as persoas que queren vir á Ultranoite dende Santiago, pero non teñen coche ou prefiren non collelo. O Ultrabús sairá ás 21,15h. da Rúa da Rosa, en Santiago, do mesmo sitio onde saen os buses para Milladoiro. Dez...

Compra de entradas

Lee este texto antes de mercar as entradas!!!

Para mercar as entradas en internet só precisas ser o titular dunha tarxeta de crédito (VISA, Master, JCB, 6000, ou calquera tarxeta de La Caixa) e cubrir todos os datos que che pedimos deseguido.

Despois debes seguir todas as indicacións do programa de compra de La Caixa ata chegar á pantalla de ENTRADA VIRTUAL, que debes imprimir e presentar na billeteira para retirar as entradas.

Podes recoller as entradas na billeteira dende 1 hora antes do comezo das actuacións.

A venda en internet está activa normalmente ata ás 15,00h. do propio día da función, sempre que sexa un día laboral.

Se mercas entradas con dereito a autobús para a Ultranoite, tes que presentar o resgardo da entrada para acceder ao bus. A hora de saída será sempre 45 minutos antes da hora de comezo da función.

12.00 €