Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Mercar entradas para un espectáculo

  • Antoloxía da Ultranoite

    Coincidindo co 30 aniversario de Chévere e o 25 aniversario da apertura da Sala Nasa que se celebran este ano, imos facer tamén unha paradiña na historia da Ultranoite para recrearnos xunto ao público nalgún deses números irrepetibles que seguen aniñando nas nosas fráxiles memorias. É un reto para a propia Ultranoite, que sobrevive desde entón instalada na potencia ilimitada da...

Compra de entradas

Lee este texto antes de mercar as entradas!!!

Para mercar as entradas en internet só precisas ser o titular dunha tarxeta de crédito (VISA, Master, JCB, 6000, ou calquera tarxeta de La Caixa) e cubrir todos os datos que che pedimos deseguido.

Despois debes seguir todas as indicacións do programa de compra de La Caixa ata chegar á pantalla de ENTRADA VIRTUAL, que debes imprimir e presentar na billeteira para retirar as entradas.

Podes recoller as entradas na billeteira dende 1 hora antes do comezo das actuacións.

A venda en internet está activa normalmente ata ás 15,00h. do propio día da función, sempre que sexa un día laboral.

Se mercas entradas con dereito a autobús para a Ultranoite, tes que presentar o resgardo da entrada para acceder ao bus. A hora de saída será sempre 45 minutos antes da hora de comezo da función.

10.00 €