Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Eroski Paraíso

Eroski Paraíso

Eroski Paraíso é a nova produción de Chévere para 2016-17, a primeira logo de recibir o Premio Nacional de Teatro. Un traballo que explora a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación dos afectos dentro da comunidade dunha pequena vila galega a partir de historias reais recollidas sobre a sala de festas O Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990, convertida agora nun supermercado Eroski.

Equipo técnico e artístico

En escena: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Cristina Iglesias, Fidel Vázquez e a colaboración especial dun veciño da comunidade local. Coa participación de Luís Martínez, Rosa Moledo e Federico Rei.

Idea e creación: Chévere

Dramaturxia, dirección: Xron.

Escrita: Manuel Cortés.

Técnica: Fidel Vázquez.

Axudante de dirección: Arantza Villar.

Escenografía e vestiario: Chévere.

Construción: +Arte Compostela.

Música: Terbutalina.

Espazo sonoro: Xacobe Martínez Antelo.

Fotografía: Matteo Bertolino.

Vídeos: Númax.

Gráfica: Fausto Isorna.

Comunicación: Xana García.

Produción: Patricia de Lorenzo, Inés Portela.

Distribución: Crémilo-Carlos Carbonell.

Unha produción Chévere que conta coa axuda de Agadic-Xunta de Galicia e Concello de Teo e coa colaboración do Concello de Muros e Eroski. O noso agradecementos ás traballadoras do Eroski de Muros, a Manolo Caamaño, Tucho Carou, Avelino Ajeitos, Pepe do Cuco, Santiago Dareina, Jose María, Ángel, Maru, Madi, Francisco Duarte, Feiraco, Escurís, Rianxeira e a toda a xente de Muros e Mazaricos que nos contou algunha historia que dun xeito ou doutro está presente nesta obra.