Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo
Insertar

#Chévere3_0 Pequenas historias para contar grandes momentos: Trillo e Patri

Este ano cumprimos tres décadas! Para facer memoria do que foi Chévere ao longo destes anos, cedemos a palabra a quen mellor pode facelo: o público. Persoas de varias xeracións falan da súa relación con Chévere, lembran como coñeceron ao grupo, que sentiron ao ver algunhas das obras, que relación teñen coas súas vidas...

Patri lembra cando viu Río Bravo no antigo cine de Lira, xusto hai 25 anos porque foi o mesmo ano que casou con Trillo. E el cóntanos que pediu vacacións para poder ver a estrea de Eroski Paraíso en Muros e como flipou cando viu que o personaxe de Miguel adoptara algunha das súas frases características.