Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo
Insertar

A procesión da Santa Bolaña

A “Procesión da Santa Bolaña”, foi unha proposta dalgúns veciños/as de Santiago de Compostela, impulsada pola Candidatura do Povo e outros colectivos sociais. A procesión realizouse o dia 15 de Decembro de 2012, e facendo fe de puro paganismo recorreu as rúas de Compostela entre cánticos e ladaíñas profanas facendo parada e via crucis en distintos bares da zona vella, onde o público asistente recreou, entre viño e viño, varios fragmentos da obra de Roberto.
As recreacións foron monitorizadas por varios profesionais do teatro galego como Víctor Mosqueira, Clara Gayo, Chiqui Pereira, Xesús Ron e Carlos Santiago, que conduciron a procesión e as representacións populares no Café Bar Trece, o Restaurante Rúa, o Xa Chegou, o Bar As Dúas e O Pozo, para rematar no Pub Avante, cunha foliada e o concerto de Leo Arremecaghoná e García DKTC.

Realización vídeo: Natasha Lelenco
Textos procesión: Carlos Santiago
Deseño cartel: Pancho Lapeña