Rede Nasa
Curva España
Curva España
Abrimos este espacio para documentar el proceso de creación de Curva España, el nuevo proyecto de Chévere que se estrenará en julio de 2019. Como otras veces, partimos de una historia muy local: la de la Curva España, situada en la antigua caretera de Gudiña a Verín, en la provincia de Ourense. Hace décadas que por allí no pasa el tráfico, pero la gente la sigue llamando así en recuerdo de José Fernández España, un ingeniero que murió en 1927 en ese mismo lugar al caer su coche por un barranco, cuando realizaba el diseño del trazado de la variante sur de la línea ferroviaria Puebla de Sanabria-Ourense.
-
María Victoria Fernández España
Outro personaxe que redescubrimos a raíz de mergullarnos polas corredoiras da Curva España é o de María Victoria Fernández España (Victoria Armesto), filla do enxeñeiro España, neta do fundador da Voz de Galicia, xornalista, escritora e figura política da Transición, que chegou a ser a primeira vicepresidenta da Mesa do Congreso despois das primeiras eleccións democráticas en España. O seu papel durante os anos 70 e 80 na politica galega ten algunhas conexións co que podería ter representado o propio Eloi Luís André durante os anos 20, loitando pola soberanía política de Galicia desde posicións heterodoxas fóra do pensamento nacionalista.
Se seguides lendo, podedes atopar un resumo da entrevista a María Victoria que Ursula Heinze recolle no seu libro "Mulleres", editado en 1990 por Edicións Xerais. Compartimos aquelas ideas que nos resultaron máis interesantes, moitas das cales trataremos de incorporar a Curva España.
URSULA HEINZE: MULLERES
Edicións Xerais, 1991.No limiar deste libro, a autora fala do difícil que foi localizar a Mª Victoria porque sempre andaba dun sitio para outro (Galicia, Madrid, Rioxa...) e tampouco a entusiasmaba a idea de lle contar cousas da súa vida. A entrevista foi realizada en 1989.
Este é un resumo da entrevista, recollendo datos, lembranzas e datos que nos aprecen interesantes para esta historia.
Sobre o de Totora:
Moita xente non me coñece por Maria Victoria, senón por Totora. Iso xa ven de familia e ten a súa historia. Cando miña nai era unha neniña, seu pai, Juan Fernández Latorre, era gobernador civil de Madrid (meu avó casou sendo un pouco maior por terceira vez, porque as dúas primeiras mulleres morreron novas. Miña nai era moi mona, moi feitiña, e chamábase María Victoria. Cando tiña uns dous ou tres anos e lle preguntaron polo seu nome ela dixo “Totora”. Ao pai fíxolle tanta gracia que lle quedou para sempre Totora. Nacín eu e puxéronme tamén María Victoria e por unha razón mimética fun tamén Totora. Era case lóxico que eu herdase o alcume de miña nai. A min case todo o mundo me coñece por Totora e non me molesta en absoluto. O nome é gracioso, porque é a designación dunhas plantas que medran no lago Titicaca, en Sudamérica. Fabrican barcos con elas, coas totoras.
O nome de María Victoria ten unha tradicion na nosa familia, ven directamente da raíña María Victoria de Saboia, muller de don Amadeo. Montero Ríos era un home moi vencellado a Amadeo e a raíña foi madriña da súa filla, e a filla de Montero Ríos foi, á súa vez, madriña de miña nai. Por iso se chamaba María Victoria.
Antepasados familiares:
Meu pai foi un home interesante. A súa familia non procedía de Galicia, viña da Rioxa Alavesa, dun lugar pequeno chamado Leza, entre La Guardia e El Ciego, na zona das viñas. Pola rama dos España eran unha rama cativa dos Condes de España e viñan de Viella, no val de Arán. Meu bisavó, León Fernández González de Ávalos, trasladárase durante as Guerras Carlistas a aquelas terras catalanas e alí coñeceu a unha rapaza da familia España, unha familia moi vella de orixe medio frnacés: Espagne. Eran parentes, descendentes remotos de Mme. De Maintenant. A rapaza chamábase Francisca de España, coñecida por Cisqueta e casou co meu bisavó. Tan namorado estaba da súa muller que cambiou de apelido, adoptando o de Fernández España. Eu son a cuarta xeración que se chama Fernández España, de orixe catalano-francesa. Daquela existía o hereu, só herdaba o primoxénito da familia. O derradeiro hereu dos España de Viella foi José María, unha gran personaxe da Generalitat durante a Guerra Civil, chegou a ser ministro con Companys e o seu grupo. Fuxiu co goberno republicano ás terras que pousía en Francia e alá morreu sen ter fillos.A outra rama dos González de Ávalos e os Fernández da Rioxa eran todos militares e liberais, non eran carllistas. Estaban a faor da raíña e non de Don Carlos. Cando no ano 1823 chegaron a España os Cen MI Fillos de San Luis para acabar co liberalismo, o primeiro que fixeron ao seu paso por Leza foi queimar todos os mobles que tiñamos na praza da vila. Por iso nos quedan na casa moi poucas cousas vellas. Meu bisavó tamén tivo que loitar contra os carlistas. A razón de se trasladar esta familia a Galicia hai que buscala nos azares da vida militar. Cisqueta de España e o seu marido tiveron catro fillos e os catro chegaron a xenerais. Durante unha época chamáronlle ao lugar Leza dos Xenerais. UN deles era o meu avó José Fernández España e González de Ávalos, veu a Galicia co rexemento de Álava. El era xeneral de artillería, un técnico. Gustoulle moito esta terra e pasoulle o que lle pasa a moita xente: casou cunha galega, unha galega americana tamén de orixe militar. Xa nunca máis marchou de Galicia. Por certo, a súa foi a última promoción de artillería á que obrigaron a facer a proba da fidalguía, da limpeza de sangue, ou sexa, que non era nin xudeu nin mouro. Despois aboliuse ese requisito para entrar no exército español. Eran militares porque sempre estiveron loitando, verdadeiramente levaban mil anos loitando. Participaron en todas as batallas de España. Meu avó estaba preocupado polo dsenrolo, a modernización e o progreso técnico. Máis ca un xeneral, era un técnico. Nomeárono despois director da Fábrica de Luz e Gas da Coruña e tamén dos tranvías da cidade. Empregou parte da súa limitada fortuna e a fortuna da súa muller na instalación dunha fábrica de automóbiles en Carballo.
Non hai dúbida de que eu herdei certos rasgos de carácter e de comportamento dos meus antepasados. Son, por xemplo, bastante espartana. Creo na virtude do aforro. A min paréceme mal que unha xeración sexa tan voraz que o gaste todo sen deixar nada para os que veñan despois. É indispensable preparar o camiña para as novas xeracións. Son dalgunha maneita ecoloxista. Prefiro as especies autóctonas de árbores de Galicia aos eucaliptos, porque, aínda sendo dun crecemento lento, van dar riqueza a outras xeracións vindeiras. Constitúe unha riqueza a longo prazo. Preocúpanme enormemente os incendios que estamos a vivir ultimamente en Galicia.O pai, morte e ausencia:
A morte de meu pai deixoume nun profundo senso de orfandade. Toda a miña vida sufrín a falta dun pai. Para min esa falta foi un sufrimento, algo moi malo na miña vida. Maquinando nestas circunstancias, non quero dicir que sexa oposta ao divorcio, pero sempre o miro con moito respecto. Penso que os nenos que medran sen ter ao seu lado un pai, son nenos aos que lles falta na vida unha dimensión fundamental.
Máis tarde miña nai volveu casar. O seu segundo marido foi unha persoa que se ocupou de todos nós e só pode dicir cousas boas del, pero claro, non era meu pai. Era un home novo e non podía ser o meu pai, tampouco pretendeu selo.
Teño entendido que meu pai foi un enxeñeiro brillante. Posiblemente herdara a intelixencia matemática de seu pai. Conservo os folios dunha conferencia que deu no ano 1926 na Coruña, falando das teorías de Einstein. Sabía alemán e era un home extraordinario en todos os sentidos. Chamaba a atención pola súa grande fermosura física.Desgraciadamente morreu novo. Traballaba de enxeñeiro-xefe dirixindo as obras do ferrocarril A Coruña-Zamora. Matouse nun dos primeiro accidetnes de automóbil nas Portelas, preto da Mezquita, a vila do meu marido. Augusto Assía era un neno cando coñeceu ao enxeñeiro España. Cómpre dicir que meu pai morreu tamén un pouco pola xentileza que lle dispensaba a todo o mundo. Parece ser que un mestre lle pedira que fose á súa casa para unha recomendación dunha filla. Meu pai, tratando de estar sempre ao servizo da xente, retrasouse e volveu algo tarde. O accidetente ocorreu precisamente na Costa do Mente. El morreu e o chofer que ía ao lado del seguiui vivindo moitos anos aínda. El morreu instantaneamente, porque se lle cravou o volante no corazón. Non tiña máis ca trinta e tres anos. No lugar do accidente colocaron máis trade unha cruz de pedra nun monumento. Moita xente paraba, cando pasaba por alí, para rezar un Noso pai pola alma do enxeñeiro. Cando cambiaron a carretera quedou a cruz afastada e hoxe xa non se pasa polo lugar. O triste é que no curso das útimas eleccións roubaron a cruz de pedra do monumento de meu pai. A min causoume unha fonda dor, unha enorme tristeza. Pensei, meu Deus, pódese roubar todo, pero roubar a cruz dun morto, iso é terrible. Hai tempo que non volvín, pola pena que me dá ver só o pé da cruz.
Cando morreu meu pai eu tiña dous anos. Miña nai casara co meu pai tendo ela dezaoito anos. Era unha das rapazas máis belas da Coruña. Cando os dous percorrían a Rúa Real, a xente quedaba mirando para eles, porque parecían artistas de cine, segundo me comentaron. Ela quedou viuva aos vinte ou vintedous anos. A miña única irmá naceu tres meses despois da morte do noso pai, no ano 1927.Infancia:
A verdade é que me custa moito traballo ollar para atrás, á época da miña nenez. Parece coma se temese a reprodución da escena bíblica: quedar convertida en estatua de sal. Ultimamente só evoco o pasado como posible corrector de erros. Convencime de que todo acto mal feito, xera, pola súa propia dinámica, a expiación. Procuro vivir o presente. O futuro só existe como proxcción e non me inqueda; pola contra si me atormentan, ás veces, as pantasmas do pasado, sombras crueis, tristuras moi fondas, as incertidumes e erros da xuventude, a soidade, o medo á nada... Si, por temor a conxurar estas sombras é polo que me resulta difícil volver mergullarme no pasado.
Nacín na Coruña e paréceme natural ter vido ao mundo no seo dunha casona do século XVIII. Sinto como un privilexio ter nado nunha casa tan fermosa, a beira da Dársena, xunto ao Parrote, e de noite sentirme coma nun barco, arrolada polas ondas.
A miña relación coa Coruña é case amorosa, sempre me conmaveu a súa rara e estraña beleza... Sentinme sempre moi coruñesa. Antes de cobrar conciencia da galeguidade (o que debido ás especiais situacións vividas acaeceu moi tarde, na lonxanía de Norteamérica), tiven a do acendrado coruñesismo. Encantábame a cidade e os seus signos... Tamén me impresionaba María Pita. Víaa coma un fermoso símbolo. Críaa unha muller fornida do pobo, quizais con algo de bigote, fermosa coma esas figuras femininas sempre algo bigotudas que pinta Frida Khalo. Foi para min unha gran sorpresa descubrir que pertencía a unha familia nobre ou semi-nobre e que mesmo estamos algo emparentadas, por liña materna.A Coruña moldeou a miña personalidade, dáme mesmo o acento. Coido non ter acento e sen embargo, pese á longas estadías en Castela e no estranxeiro, un bo observador detectaría na miña fonoética de seguida a peculiar cadencia, os clásicos xiros erróneos e, como non, imperfeccións propias de certas clases coruñesas nun certo período de tempo.
Nos meus primeiros anos non fun unha nena feliz, non, nada feliz. Non o fun polas circunstancias. O primeiro recordo da miña vida é verme agachada no xardín que hao diante da casa de Molina na Coruña. Contaba uns dous anos. Aínda lembro o traxiño que levaba, un traxiño de loito, branco e negro. Daquela tamén se poñían os nenos de loito, aínda que a min, polo menos, non rigorosamente de negro, senón de branco e negro. Eu estaba deitada no chan do xardín, diante da dársena onde nacce o paseo do Parrote. Pasaba moita xente por alí, paraban e dicíanme:-Ai, bonita, morreu o teu papá, morreu o teu papá!
Outros preguntábname:
-Mira, neniña, que foi do teu papá?
Eu contestaba:
-O meu papá subiu ao ceo.
O exemplo de meu avó materno seguramente exerceu unha gran influencia en min. Esa rama da familia indubidablemente influiu máis en min cá outra rama dos militares, porque vivín esa influencia máis directamente. Eu vivín antes e durante a Guerra Civil no Pazo de Miraflores, en Oleiros, que mercara meu avó e esa estadía influíu fondamente na miña vida. O pazo e os recordos de meu avó que se gardaban alí marcaron a miña vida de nena. Don Ramón Otero Pedrayo, a quen considero o meu mestre e que me quería moito, díxome un día “ Mire María Victoria, téñolle que dicir que os nenos que medran nos pazos galegos son nenos distintos aos outros.” Esa fermosura do pazo sentina moi fonda no corazón, dábame un certo misticismo, un panteísmo. Son un tanto panteísta. Existe en min, coma en todos os galegos, unha certa vertente panteísta. Achaba xa de nena unha comuñón coa natureza moi forte no pazo. Penso que non hai cousa máis fermosa no mundo que ver desde Miraflores, en Oleiros, a cidade da Coruña, unha cidade marítima un pouco máxica, misteriosa, vista desde lonxe coroada coa torre de Hércules, o sol vermello caendo coma un globo enriba da baía. Causábame tanta impresión que me puña a chorar sen saber por que. Aquela emoción da natureza non a volvín sentir máis ca unha vez, pasados moitos anos, en 1956, cando estivemos no Courel invitados por Uxío Novoneyra. O Courel a min provocoume unha impresión tan forte que me fixo lembrar aqulas primeiras imprsións da miña infancia. Galicia é unha marabilla, lástima que estamos acabando con ela. Todo o que me gusta a min en Galicia está en ruínas. Pensar que todo o que sinto, o que é fermoso, está a punto de morrer é terrible.Enfermidade:
Desde nena gustábame escribir. Dedicábame a facer versos e escritos curtos. Seguindo un pouco a trdicion familiar elixín despois periodismo como carreira profeional. Desde sempre atraíame a escritura. Non tiven problemas coa carreira, pero so coa miña saúde.
Dixen ao principio que non pasei unha infancia feliz. Unha razón foi a morte tan repentina e inesperada de meu pai. Outra razón foi unha enfermidade que collín sendo pequena. Miña nai tiña unha doncela, Pilariña, un encanto de persoa. Ela empezou a tusir e púxose enferma e para que non traballase moito colocouna como neneira miña. O malo é que estaba tuberculosa e ao pouco tempo eu tamén tiña unha ramalada de tuberculose, o que chamaban daquela un infarto primario. Era unha época na que ninguén sabía nada desa enfermidade e moita xente na Coruña morría de tuberculose. Pasei unha nenez bastante triste. Non morriín de puro milagre. Aos sete anos pesaba uns vinte quilos ou menos, un desastre: era un pequeno cadáver vivinte. Para recuperarme, e por consello do doutor Parada, un galego republicano de Muros, casado cunha aristócrata da familia Pedorsa, dos Marqueses de Boveda de Limia, marchei coa miña nai ao escorial, onde nos instalamos por tres anos. Alí recuperei a saúde con moita dificultade. Non podía facer nunca as couas que facían as nenas da miña idade. Tiña que permanecer deitada, encadeada a unha chaise longue e suxeita a beberaxes e termómetros, vixiando a temperatura... Vivía constamente preocupada e observada. Polas noites, buscando sen parar o sitio máis fresco da almofada, despedíame da vida, segura de morrer antes de facer os catorce anos.
Guerra Civil:
No 1936, poucos días antes do levantamento militar, volvemos á Coruña en automóbil. Foi unha viaxe chea de difucultades, tanto polo estdo da estrada coma por algunhas avarías do coche, que non tardou en ser requisado e desapareceu para sempre do noso entorno. Eu paseino moi mal, mareábame. Pasando polas lades e vilas notábase claramente o malestar,s entíase fluctuar algo especial no aire, presentíase que podía pasar calquera cousa en calquera momento. Había xente que nos saudaba, uns cos brazos en alto, o saúdo fascista, outros levantaban o puño gritando UHP, o lema dos traballadores. Respirábase un aire turbio, un aire de loita, de odio e agresividade e ase de ameaza constante. Ao pouco tempo estalou a Guerra Civil, unha guerra que marcou pautas en min. Causoume unha enorme impresión, porque me decatei, aínda sendo nena, da grande traxedia e das inxustizas. Sem poder explicalo, sentín que a razón non estaba de todo do lado dos vencedores. Deime de conta diso rapidamente. Certos acontecementos, coma a morte de Xoaquín García Labella, asasinado en Granada case ao mesmo tempo ca García Lorca, impresionáronme e afectáronme moito. Desde nena tratei de axudar aos perseguidos. Foi unha constante na miña vida. Ao ir deixando de ser nena non podía estar de ningunha maneira de acordo coa represeión. Durante os anos da guerra, pola miña idade, non entendía ben as razón daquelas loitas. Pero despois da guerra decateime de que os republicanos tiñan moito ao seu favor e que fora inxusto teren que marchar. Grande parte dos meus amigos de sempre foron vellos republicanos, coma Domingo Quiroga e don Arturo Taracido, ámbolos dous estiveron no cárcere da Coruña ou Emilio Gonzáez López. O coñecemento destas xentes da República enriqueceu enormemente a miña vida. Gracias a eles non perdín o contacto co pobo nin coas súas tradicións. Ao revés do que lle pasou á maior parte dos españois durante o franquismo, eu nunca perdín a comunicación coa España vencida. Sendo unha nena de doce ou trece anos eu xa fixera a miña reconciliación nacional, o que moitos aínda non fixeron.
Carreira, matrimonio, América:
Quizais escollín a carreira de xornalismo en parte coa idea de poder loitar contra a opresión. O que pasa é que moitas veces unha ten a sensación dunha grande impotencia e frustración porque unha persoa soa pouco pode conseguir. Unha das razóns de ter entrado activamente na política hai que buscala precismaente niso.
Casei con Felipe Fernández Amesto pouco despois de entrevistalo. El levábame uns vinte anos longos, mais esa perda de pai que sufrín poisblemnete influíu para casar cun home moito maior ca min, Ao mellor busquei nel un pouco ese pai que non coñecín, o pai e o marido nunha soa persoa. Supoño que psicoloxicamente foi así.
Felipe era corresponsal en Nova York e despois do casamento marchamos a vivir a América. Foi un cambio tremendo. Eu vivira nunha Galicia que era medieval, a dos Irmandiños, a de Valle Inclán... En España e especialmente en Galicia o século XIX durou ata 1950 ou 1960. Toda a nosa xeración nacera no século XIX. Eu recibín unha educación moi parecida á da miña avoa Felisa. Tamén coñecín un mundo clasista, un mundo feito dun clasismo moi ríxido e á vez pobre.
De repente encóntrome en Nova York coma se estivese noutro planeta. A primeira sensación que tiven foi dunha terrible impotencia. Non sabía inglés, non sabía as cousas máis elementais e atopábame tremendamente inútil, moi pouco preparada para a vida. Eu verdadeiramente non podía facer nada, non me podía defender co que sabía. Aprendín a ver o valor do home coma tal home e non coma clase. Os anos vividos en Nova York proporcionáronme unha nova humanidade. Aprendín, por exemplo, o que é a morriña: padecín unha morriña tola alá en terras americanas. Estando alí entendín a dor de todos os emigrantes galegos que foron a América para traballar en todas aquelas pontes enormes de Nova York, moitas delas foron feitas por galegos. Traballaron tamén nas minas de Casquil... Antes xa me dera de conta da tristura dos emigrantes, sobre todo dos exiliados políticos. Estando en América decateime da traxedia en toda a súa dimensión dun pobo coma o noso, que tivo que emigrar por falta dun traballo e sen posibilidades de desenvolverse ne galicia. Estando lonxe da miña terra tomei relamente conciencia do que é o munod ao que pertenzo e do que é a traxedia vital do home. A lección máis interesante foi a miña vinculación coa Galicia emigrante, o coñecimento directo dos emigrantes. Isto fixo posible e viable a miña carreira política despois. A xente percibía en min esa proximidade, ese entendemento dos problemas dos homes. Non vian en min a muller dunha familia de certo avoengo, eles sabían que eu tiña un corazón capaz de sentir e de entender as loitas e as dificultades.Producto da miña formación americana é tamén a concienciación do sentido da democracia. América é a terra onde exite de verdade a igualdade de oportunidades. Non digo que a sociedade americana sexa perfecta, porque non o é, ero hai unha cousa que a redime de todos os defectos: non existe a adulación ao poder nin ao poderoso, lamentablemente un rasgo xeral en todos os países europeos e sobre todo España. Tampouco se coñece a envexa. As persoas poden ser elas mesmas, desenvolver os seus talentos, cousa que en España non é posible de momento. A maioría dos nenos da Galicia campesiña aínda hoxe non teñen ningunha oprotunidade de chegar nin á Universidade nin de desenvolver as súas capacidades particulares/individuais (isto é moi de André). Esta paréceme a maior das inxustizas e o impedimento básico da prosperidade dun pobo. O segredo do alto nivel de vida e progreso nos EE.UU. baséase precisamente no feito de non pderder intelixencias e riquezas para o ben común. En cambio aquí perdémolo todo. Perdemos auga. Nun país onde chove máis do que quixéramos, onde temos ríos e ríos e ríos a metade de Galicia nestes días de verán non ten unha pinga de auga. Temos intelixencia dabondo, pero perdémola. Perdemos recursos e intelixencia. Polo lume que arrasa todo perdemos riqueza. Galicia é rica, pero empobrécese. Tampouco ensinamos aos nenos a admirar o que teñen. É un dos peores defectos que ten a nosa sociedade xunto coa envexa. Se non aprendemos a admirar o mérito dos demais mostramos unha actitude negativa que non contribúe á formación dun pobo (tamén moi de André).
Que motivos houbo para entrar na política?
A razón de entrar na política baséase nunha vivencia moi concreta, clave para min....
Conta que un día foi dar un paseo por Xanceda e entrou na casa dunha señora que coñecía para ver como estaba e ela díxolle “miña señora, eu querería morrer para descansar por fin.”
Falaba totalmente en serio. Aquel cansazo tan forte imprsionoume. Os campesiños etsaban tan cansos que pensaban na morte como ese descanso eterno que lles predicaban nas igrexas. Os campesiños non dispoñen de días libres, non coñecen a palabra vacacions, non teñen decanso ata morreren. Pensan na morte como unha liberación de tanto traballar. Entón tomei conciencia da situación dos campesiños, o que me induciu a tomar unha decisión. Estaba nun bo omento da miña vida, o meu fillo xa estaba criado e era un bo estudante. Eu podía dedicar sen ningún problema unha parte do meu tempo a loitar pola mellora do meu pobo. O camiño idóneo paréceme a política, meténdome en política eu podía loitar para que a xnete conseguise melloraas na súa vida. A miña entrada na política significaríaunha loita para sacar a Galicia, dentro da smiñas posibilidades, da miseria e do atraso. A min preocúpame moito a falta de luz nas aldeas. Os cables de alta tensión que levan electricidade a Madrid pasan por riba das aldeas que non teñen luz ou de tan baixa calidade que non sirve para nada. Non sei se farei todo o que me propoño facer, pero algo quedará sen dúbida.
Tamén me preocupa moito o sector pesqueiro, a situación da xente do mar. Os mariñeiros xoves sofren un grave problema de vivenda. Case non poden casar porque non teñen casas onde se meteren.
Os meus escrúpulos democráticos impedíronme entrar na política antes, no franquismo. Asocio unha actividade política exclusivamente a un réxime democrático. Aceptar a proposta de Manuel Fraga de militar no seu partido foi unha casualidade. Eu non militaba en ningún partido. El invitoume a presentarme como número un pola Coruña. Aceptei a súa proposta porque o considero un home intelixente e cultivado. É un home difícil e choca coa maioria da xente coa que traballa, pero o que contaba para min é que el era galego e pareceume que estaba estreitamente vencellado á súa terra e podía conseguir algo positivo e concreto para Galicia...
Galeguismo e socialismo:
A ver, eu en realidade sentíame comprometida coas ideas do galeguismo histórico. Despois de volver de América mantiven contactos con Otero Pedrayo e con outros representantes do galeguismo histórico, por así dicir. Admiraba a Castelao e no fondo quería traballar polo galeguimso. Coido que temos que entar xente nova no galeguismo para para cambiar a mentalidade dos vellos. Pero esta xente non quere a ninguén e tampouco me queren a min tampouco. Non parecen convencidos de facer un partido político como xa decidiron facer os cataláns. Ademais, teño o convencemento de que non queren a ninguén que veña das clases burguesas e acomodadas: o meu background prexudícame, evidentemente. Venme coma unha muller desas clases que eles rexeitan. Aquí engánanse, porque o que fixo Cambó en Cataluña foi precisamente catalanizar as clases burguesas, as que aínda non o estaban. Foi o seu grande traballo. Este traballo compre facelo tamén en Galicia e canto antes, aínda non é tarde. Para esta tarefa eu podo prestar grandes servizos. Eu fun unha das primeiras persoas que empezou a falar galego en público despois de volver de EE.UU. nos anos sesenta. Dei conferencias en galego e escribín Galicia Feudal, un libro de cultura galega que me custou cinco anos da miña vida. Aínda que o escribise en castelán, o libro significaba un labor importante, é unha divulgación e vulgarización da historia de Galicia que foi para moita xente o inicio e o descubrimento da nosa terra. Antes xa escribira e publicara outro libro en galego, Verbas Galegas e facía discursos en gaelgos por todas partes, dentro e fóra de Galicia.
Penso que os vellos galeguistas, e non me refiro a Ramón Otero Pedrayo, que estaba por riba de todas esas cuestións, non están sabendo captar a realidade e preparar o futuro. Eu síntome claramente galeguista. Xa o declarei así en 1966 nunha entrevista na revista Chan. O gran erro do galeguismo foi non querer ninguén da miña procedencia. Eu desde logo, non podo rexeitar o meu pasado, tampouco vexo ningunha razón nin lóxica para facelo. O galeguismo non se decata de que, se non se galeguiza a burguesía galega, sobre todo a que vivev nas cidades grandes, non hai nada que facer. Non se pode facer un partido que gañe unhas eleccións sen antes facer o traballo que fixo Cambó en Cataluña. Pero eles non entenden estas cuestións e non me queren a min nin a ninguén que represente a burguesía. Teñen unha mentalidade de ghetto, de capela (de mesa camilla). Non saben abrirse á sociedade actual. Se queres facer un partido galeguista, hai que aceptar a toda a xente que haxa para constituír ese partido: xente da burguesía, do comercio, xente que fale galego ben, xente que fale galego mal, xente que o fale de toda a vida ou que o acaba de aprender, mesmo xnete que non fala galego. Compre coller a sociedade no seu conxunto, como fixó Cambo. Galeguizar o conxunto da sociedade quere dicir facer que a cultura galega deixe de ser unha cousa de gaitas e de coros e de grupos galegos que se xuntan para comer pulpo ou lacón con grelos e, en lugar diso, construír unha sociedade que sinta a galeguidade dunha maneira, digamos, progresista e que realice tarefas importantes para o desenvolvemento vital dun pobo. Eu entendo iso e quixen formar parte do galeguismo por esa razón. Pero non fun aceptada.Tamén me sentía bastante atraída polo socialismo histórico e estiven a piques de entrar nel, non no socialismo de Felipe González, para nos entendermos. Desde a miña nenez vivín vencellada aos republicanos. Por iso me parecía lóxico asistir aos mítins que organizaban, porque me sinto verdadeiramente atraída polos históricos do socialismo español, os que viñeron do exilio, de México. Axudeilles bastante e faltou pouco para colaborar con eles. Pero asistín como observadora ao congreso de Suresnes e presenciei como estalou a loita entre os dous bandos do socialismo, o de Felipe González e o dos históricos e quedei desencantada. Os históricos foron desprazados e quedron fóra. Creo que o noso socialismo non se portou ben con eles e isto produciume moita xenreira.
Son unha persoa bastante conservadora no terreo material, isto ven da miña procedencia familiar e da miña formación. Posto que o galeguismo non me querían e parcía que non tiña sitio, posto que o socialismo histórico quedou marxinado no PSOE e eu cos novos dirixentes andaluces non tiña ningunha relación (non os coñecía nin sabía o que ían facer), pensei que o mellor sería deixalo, non interferir na vida de ningún destes grupos. Entraría nun partido liberal, pero tampouco existía. Todo o que eu tiña pensado ser e facer, dun xeito ou doutro, rompera. Así que decidín non participar activamente en ningún partido. Pero de repente Fraga mandoume chamar e ofreceume ir de número un pola Coruña nas eleccións. En vista de que todos os meus outros plans viñeran a pique, pensei que aquel ofrecemento non estaba tan mal e que ao mellor eu podía conseguir melloras para Galicia como deputada no primeiro congreso elexido democraticamente desde hai corenta anos. A xente de AP está moito máis á dereita ca min, non hai dúbida, pero para min é xente coa que se pode traballar e loitar a prol de Galicia desde unha dereita galega. Así que ceptei a proposta. Como reacción algunha xente dedícase a poñerme podre en Galicia, recibo cartiñas de cando en vez onde me din que fai unha chica coma ti nun sitio coma este e cousas polo estilo. Din que somos da extrema dereita franquista, mesmo os ataques chegan da UCD. Pero a min non me preocupa moito porque esas denuncias contra min non son. Amais, non me interesan moito as liortas entre partidos, eu quero ser pragmática no meu traballo de deputada e tratar de solucionar algúns dos problemas da nosa provincia. A xente que traballa comigo sabe que toca percorrer as vilas e as aldeas, preguntar in situ polos problemas dos nosos electores. A miña preocupación desde a mañá á noite é axudar aos meus paisanos, na medida en que me sexa posible. Á xente, no fondo, dálle igual se eu estou en Alianzo Popular ou en calquera outro partido.Sinto unha fonda frustración por non poder facer parte dun partido galeguista como os cataláns fixeron en Cataluña. Nunca pretendín ser protagonsita desta historia, pero creo que estou en condicions de axudar a que outra xente fixese ese labor fundamental. A miña ilusión é contribuír a facer un gran partido galego que recollese as esencias do noso pobo. Non só as esencias culturais, senón os desexos de progreso e desenvolvemento, como fan os partidos vascos e cataláns, o PNV e Converxencia. Penso que no estado das autonomías é indispensable contar cun partido galeguista. Quzais haxa tempo para facelo máis adiante. Pero no o vexo fácil. Aos partidos galeguistas, a todos eles, aos de esquerda e aos de dereita, acompáñaos un espírito de secta. Máis ca partidos, son sectas. Non deixan entrar a ninguén de fóra e, se entras, entras mal, porque non che permiten facer nada e entre eles están divididos. Non hai nada que facer. Estou desenganada. Non sei se algún día será posible. De todos modos, xa non estará en mans da nosa xeracións.
Pensándoo ben, un case sempre ten a vida que soñou. Normlmente un chega a ter o que ardentemente desexou. O único malo é que chega a telo tarde de máis. Unha debe rsignarse coas limitacións da súa vida.
Haz login o regístrate para poder comentar