A crise da Unión Europea, a corrupción xeralizada, as conexións entre o poder financeiro e o político... en Eurozone quixemos afondar un pouco na situación actual, aínda que somos conscientes da dificultade de manterse ao día e coa cabeza clara fronte ao bombardeo de información económica. Para axudar a entender a trama (a da obra e a do mundo no que nos tocou vivir) falamos con Xavier Vence, catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela, que se prestou a facernos unha síntese do acontecido nestes últimos anos e a analizar algunhas posibles solucións.