No adestramento de hoxe á mañá os Chévere sufriron unha baixa importante de cara ao novo espectáculo da compañía, Viaxe ao País dos Ananos. Manuel Cortés, un dos indiscutibles do equipo titular e que afrontaba con renovadas ilusións e enerxías a vindeira estrea, sobre todo despois de ser nominado como actor aos María Casares, sufriu unha caída que lle ocasionou a rotura do tendón de Aquiles. Unha lesión grave que lle obrigará a pasar polo quirófano nos próximos días e a permanecer de baixa durante tres meses. Malia a dor do momento, Cortés atópase en perfecto estado xunto á súa familia despois de ser atendido con rapidez e eficacia polos doutores da compañía, que lle inmobilizaron a perna esquerda con escaiola e vendaxes axeitadas.
Tres meses de baixa
Le gusta a 3 personas
6 comentarios
Haz login o regístrate para poder comentar
Expo:
Pois se o tendon é de Aquiles que operen a Aquiles. Venha mozo vemonos nos bares de xevis!!
Javier Abraldes:
Un abrazo, Manolo, ¡eso no es nada!, ¡enseguida estás dando guerra otra vez!
Borja Fernandez:
grande Manolo, moito ánimo !!
Arantza Villar:
Manolo, querido, ímoste botar moito de menos!!!!
Xacobe Martínez Antelo:
Ánimo aí compañeiro Cortés!!!! segues con nós!!!! Avanti toda!!!!
Chévere:
Ánimo compañeiro. Querémoste.