Rede Nasa

Combina los criterios de búsqueda para encontrar el material que estás buscando


Vídeo
Insertar

En xullo Chévere volve levar aos escenarios Annus Horríbilis, unha pequena ópera portátil de 1994

Máis de 20 anos despois da súa estrea, Annus Horríbilis,  a pequena ópera portátil de Chévere aclamada no seu día pola crítica e o público, volve aos escenarios en Santiago, para celebrar o 30 aniversario da compañía. Poderás vela os días 12, 13 e 14 de xullo ás 21,00h. no Auditorio de Galicia. As entradas están xa á venda aquí: http://entradas.abanca.com/es/event/annus-horribilis-chevere-30/

Como adianto, hoxe deixámosche unhas imaxes recuperadas da versión orixinal de 1994, que agora remontamos con distintos actores, pero co mesmo espíritu.

Lucas Tamara, príncipe herdeiro do trono de Galicia, sae de incógnito do pazo á busca da autenticidade do mundo real. Nesa busca atopa a Obdulia, rapaza traballadora con delirios de grandeza, coa que namora. O romance ilexítimo é utilizado por unha loxia masónica para tentar derrocar á casa real e reinstaurar a unha antiga liña dinástica na persoa dun descendente insospeitado. Cinco cantantes, un pianista e un presentador. Acaso unha ópera precisa algo máis?

En escena: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Manuel Cortés, Borja Fernéndez, César Goldi. Pianista: Suso Alonso. Presentador: Xron. Libreto: Pepe Sendón. Música: Fran Pérez. Vestiario: Chévere/Maribel Gómez. Iluminación: Fidel Vázquez. Son: Xurxo Pinheiro. Comunicación: Xana García. Unha produción Chévere co apoio do Concello de Santiago de Compostela. Chévere é compañía residente no concello de Teo.