O pasado maio tivemos pola Nasa a Teatro Ensalle, unha compañía que naceu no 1995 e que dende o 2003 anda a investigar novas linguaxes para a dramaturxia, e que viñan representar a obra A derradeira fila. Aproveitando que os tiñamos con nós, falamos un cacho con Pedro Fresneda, o director da obra, que nos contou unha morea de cousas sobre esta obra en particular e sobre a situación do teatro en xeral.