Rede Nasa

Combina los criterios de búsqueda para encontrar el material que estás buscando


Vídeo
Insertar

Soundpainting na Carballeira de Francos (Teo)

Sound Painting Teo é un colaboración de Chévere co tecido asociativo do Concello. Trátase dun programa de inclusión social a través das artes escénicas participado pola Asociación de Pais de Nais de Persoas con Diversidade Funcional do Concello de Teo (ASPAMITE), a Banda Cultural de Teo e a Asociación Cultural A Mámoa de Luou para crear un colectivo local de improvisación segundo a técnica do Soundpainting.

Soundpainting Teo realízase dentro das actividades do programa de residencia de Chévere no concello de Teo e comezou a funcionar no mes de outubro de 2016. Está coordinado polo músico e compositor Xacobe Martínez Antelo. Hoxe deixámosvos unha sesión de Soundpainting na Carballeira de Francos, en Teo, realizada en xuño de 2018. Fotografías de Óscar Villán e Moncho Rivadulla. Gravación de son: Xurxo Pinheiro.