Sergi Faustino é un dos habituais da NASA, un tipo que fai o teatro ao seu xeito e a nós gústanos moito. Este ano veu cunha peza de estética gore e temática friki que deu moito que falar, e que tivo moito público. Unha de zombis facendo o zombi, aquí tedes un cachiño da obra e unha escolma do coloquio que fixemos ao rematar a función.