A intervención de Sechu Sende durante o roteiro da Festa Revolta tratou de conectar o Tíbet co Courel e Galicia a través da linguaxe, da importancia que o budismo concede á palabra, para seguir reivindicando o dereito a usar as linguas minorizadas. Ademais Sechu regalounos unha demostración da súa capacidade visionaria a través do exercicio co terceiro ollo, que deixou abraiadas a moitas das persoas paseantes.

2ª Festa Revolta no Courel
Aquí atoparás todo xunto o material que temos disponible da 2ª Festa Revolta que se levou a cabo na aldea de Froxán, no Courel, os días 10 e 11 de agosto de 2012. Fotografías, vídeos, textos..., que documentan o que aconteceu.
Sechu Sende, do Tíbet ao Courel
Haz login o regístrate para poder comentar