Este 17 de maio dedícaselle o Día das Letras Galegas a Roberto Vidal Bolaño, habitual dos escenarios da Nasa e compañeiro de Ultranoites. Para celebralo, no mes de abril Chévere percorreu Galicia coa Ultranoite do Aquí, coa que tentamos imaxinar como vería el os tempos nos que vivimos hoxe: que faria con todo este lío de sotanas que asulaga a catedral de Santiago? Que pensaría de todo o que foi acontecendo na vida cultural galega desde que morreu? Como se tomaría isto de que lle dedicasen o Día das Letras Galegas a él antes que a Carlos Casares? Como actuaría diante do esperpento no que se ten convertido o concello de Compostela onde naceu?
E aproveitamos para rescatar estas imaxes dun número que Roberto fixo na Ultranoite Peregrina do ano 1999, que él titulou Oración ao Apóstolo.