Lola Ferreiro, Alba Nogueira, Manuel Martínez Barreiro e Xosé Manuel Pereiro participan no debate piloto de Galiza Ano Cero. Un simulacro, unha proba, unha declaración de intencións do que pretende, en parte, facer este canal de televisión non lucrativa para internet. O que na televisión convencional chamarían un programa piloto, neste caso arredor da idea de democracia.
Axúdasnos a difundilo? Podes empregar as etiquetas #outratv e #quedemocracia.