Rede Nasa

Combina los criterios de búsqueda para encontrar el material que estás buscando


Vídeo
Insertar

Ya llega la Ultranoite do Aquí con su UltraHarlemShake

A Ultranoite do Aquí está a piques de chegar e faino con esta apropiacion do HarlemShake, o fenómeno viral de moda. Detrás del haberá espazo para falar do circo de Mariano, da fuga de cerebros da Casa Real, do novo e do vello Papa, das amizades perigosas de Feijoo, do récord de corrupción batido polo concello de Santiago con dous alcaldes en dous anos que suman cinco imputacións, das historias derivadas do roubo do Códice na catedral e de moitas máis cousiñas coas que nos agasalla a actualidade cada semana. Desta vez farémolo baixo unha mirada Bolañana, para sumarnos á celebración do Día das Letras Galegas que este ano se lle dedica a un compañeiro de escenarios e nocturnidade como Roberto Vidal. A Ultranoite recala o 5, 6 e 13 de abril en Teo, o 19 e 20 de abril no Fórum Metropolitano da Coruña e o 26 e 27 de abril no vestíbulo do Pazo da Cultura de Pontevedra. A por eles!!!

9 comentarios

iria pinheiro
iria pinheiro: XENIAIS!
|
Ines Portela
Ines Portela: as contas infinitas de Bárcenas, o descubrimento das amizades do Frijolito, a "amiga con derecho a roce" do monarca, a imputación da infanta.... será que este país non vos da material para varias Ultranoites!! jojojojoj
|
Josiño Díaz
Josiño Díaz: Jajajaj! Espectacular rapaces. Sodes uns catacracks.
|
Patricia de Lorenzo
Patricia de Lorenzo: O ultraharlemshake guai, pero para o resto, para o meu gusto, imos un pouco pillados...
|
marcos ptt
marcos ptt: sodes uns modernos
|
Juancho Gianzo
Juancho Gianzo: A SUS PIES!!!!
|
Marghe Morello
Marghe Morello: jajajaja brutal!!!!!!
|
Fran Alvarez Varela
Fran Alvarez Varela: moitas ganas! XD
|
Ines Portela
Ines Portela: uiuiui... esto promete!
|