Corcobado é un habitual da Nasa. Ten vido moitas veces dende pouco despois de que a sala abrise, e a estas alturas cóstanos saber de que ano é exactamente cada actuación. Esta datámola polo 95 ou o 96. Veu sen banda, só coa súa guitarra, e deu un recital de poesía bastante atípico.