O Teatro Acert de Tondela (Portugal) cumpre 35 anos de actividade e irmanamento galego-portugués. No ano 95 viñeron por vez primeira á Nasa e desde entón hai unha canle de comunicación constante nos dous sentidos. Este é o vídeo cos nosos parabéns para toda a xente da ACERT. Os bos desexos facémolos extensivos ao resto do mundo.