En Febreiro de 1996 o escultor e escenógrafo catalán Nico Nubiola trouxo á NASA unha instalación mural que viña de presentar en Florencia (Fábrica Europa). Chamábase Mortes Imaxinarias, ocupaba todo a parede dereita da sala, e combinaba a escultura e o debuxo. A parte escultórica estaba composta por unha serie de figuras de látex, os personaxes-fiambre. O debuxo con tiza sobre a parede acababa de definir as figuras e os elementos da súa paisaxe. As escenas representaban o momento da morte de cada personaxe: a estrela de cine, o mariñeiro, o neno, o soldado...
Nico Nubiola: Mortes Imaxinarias
Le gusta a 7 personas
2 comentarios
Haz login o regístrate para poder comentar
Juancho Gianzo:
e Nico ainda non ten perfil en redenasa?
Fátima:
Nico, se chegas a ler isto, felicidades con 14 anos de retraso!! Esta é grandiosidade de Redenasa.tv. Rescatar do esquecemento marabillas coma esta...