Rede Nasa

Combina los criterios de búsqueda para encontrar el material que estás buscando


Vídeo
Insertar

Miki Nervio & The Bluesmakers

Miki Nervio & The Bluesmakers é unha banda galega de blues que leva tocando inisistentemente dende o ano 92, liderada por un vocalista tan especial como Miki, que fora membro do colectivo poético Ronseltz e que é quen de cantar con autenticidade nun idioma a medio camiño entre o inglés de Nova Orleáns e o galego dos Mallos para que o entendan en todo o mundo. Durante os anos 90 actuaron varias veces na Nasa. Conservamos esta gravación, que vaia como homenaxe a estes blueseiros de raíz.

1 comentarios

xron
xron: Non é un showman como Tony Lomba, pero Miki é outra das grandes personalidades da música ao vivo desta época
|