O desembarco Chévere en Vigo acadou a marea chea na noite do venres 17 no Mar de Vigo. Grazas a toda a tripulación sureña que nos acompañou nesta faena exitosa polas augas máis profundas da ría. Arredor de 800 persoas enchimos un inmenso auditorio para demostrar que o teatro galego ten un público cómplice e que Vigo é sen dúbida unha das capitais da cultura galega. Grazas! Grazas! Grazas!
E o desembarco remata a vindeira fin de semana no barrio de Bouzas coa presentación das Fillas Bravas na Sala Ártika, o mellor final para unha marea chea. Vémonos alí!