Foi alá polo ano 1995. Chegou o Antroido e alguén comentou que Manu Chao e os Mano Negra andaban por Laza e pensaban dar algúns concertos-sorpresa en Galiza. Ao pouco recibimos unha chamada, que si tiñamos a sala libre ao día seguinte, os Mano Negra víñanse para Compostela. Puxémonos mans á obra. Unhas chamadas aos colegas para que corresen a voz, uns flyers fotocopiados que se repartiron pola rúa e algúns bares (internet aínda non contaba), arrombar o material necesario e prepararse para recibir ao combo francés. Cando comezou o concerto a sala estaba totalmente chea e as ganas de festa estouparon durante as dúas horas seguintes. O resto de comentarios facédeos vós...
Mano Negra ao vivo na NASA
Le gusta a 24 personas
9 comentarios
Haz login o regístrate para poder comentar
SouleSombra Cafébar Santiago:
Que puntazo!!! vaia si me lembro. Mira que o pasamos ben!!, vendo o video acabo de ter unha viaxe ao pasado do mais chula. Gracias por colgalo!!
Chiqui:
Funcionou moi ben o boca a boca, e para aquela Compostela do ano 1995 foi todo un evento. Para min, aquel directo na Sala Nasa foi o descubrimento de Mano Negra. Fun un deses 488 agraciados!!
ronsel:
Ufff! Nin había Internet nin iphones pero salvo algún que iba no castromil enterouse todo dios.
paulochinho:
Eu não estava em Compos daquela. Que bem poder ver isto!!
xron:
Revisando os arquivos da NASA, atopamos o documento que resolve o enigma, a actuación de Mano Negra foi o 1 de Marzo de 1995, no Antroido, e asistiron 488 persoas.
Carmen Fernández Gilino:
Yo no estuve pero me hubiera encantado
Lito:
Fai tempo tempo e tempo!
Leandro Sabín:
si, debeu ser no 96; volvía do super cando un compañeiro de piso informoume e alá fumos... o resto é historia.
Berto Yáñez:
se non me saen mal as contas, foi no ano 96