A Asociación Galega da Lingua celebrou cun concerto na Nasa o remate do éMundial, unha serie de actos para reivindicar a potencialidade do idioma galego. Desta vez puidemos gozar da música dos rapeiros composteláns Malandrómeda e do trío brasileiro Kana Kaiana, aos que podedes ver tocar no vídeo, e que desta vez contaron cunha artista convidada saída directamente do público.