Rede Nasa

Combina los criterios de búsqueda para encontrar el material que estás buscando


Vídeo
Insertar

INVERNO CULTURAL G.A.C.

A cultura vive en Galicia o seu particular inverno social. Medra o número de traballadoras culturais desempregadas, pechan pequenas e medianas empresas, cae o consumo –desanimado en parte pola suba do IVE– e recórtanse axudas públicas esenciais. Mentres a Cidade da Cultura segue aí, como o dinosauro, derrúbase o sistema cultural tal e como o coñeciamos dende a creación das institucións autonómicas, hai agora tres décadas. E fai frío.

Os síntomas da crise que atravesamos son múltiples. Fáltanos saber que facemos nós, os traballadores e as traballadoras da cultura. Que podemos facer, ademais de recuperar a función política da cultura e investigar novos xeitos de organizar e financiar o traballo cultural. Por iso en Galiza Ano Cero aceptamos o convite de Culturgal, a feira galega das industriais culturais, e trasladamos aquí, ao Pazo da Cultura de Pontevedra, a gravación dun dos nosos debates.

Acompáñannos catro traballadoras da cultura:

Ania González, crítica cultural e cofundadora da revista Plétora.

Roi Fernández, Extramuros - Espazo de Colisións Artísticas.

José Manuel Sande, programador do CGAI.

Xabier Alonso, xestor cultural e ex director da Fundación Illa de San Simón.

Xuntas. Sen ánimo de lucro. En código aberto e baixo licenzas libres. Dende abaixo á esquerda. Outra televisión.
galizaanocero.tv

Todos os contidos de Galiza Ano Cero publícanse baixo licenza Creative Commons Recoñecemento - Non Comercial - Compartir Igual (CC BY-NC-SA).